9.02.2014

Fanáticos

O fanatismo é profesado por aqueles a aquelas que sosteñen un único punto de vista, e o defenden como verdade universal. O fanatismo non é reflexivo, pois para reflexionar debemos admitir que quizais o que pensamos non é correcto, debemos sopesar diferentes discursos, coa intención de chegar a un criterio propio, se ben este criterio non ha de ser definitivo.


Se eu me podo considerar fanático, o serei, pero son fanático do eclecticismo. Este será o artigo número 200, dentro do reto 365 días, 365 posts, e durante todas estas xornadas, os temas tratados abranguen dende os efectos perniciosos do bisfenol A nos nenos de 0 a 3 anos, ao comezo da crise debido aos credit default swaps e as collateral debt obligations, Wall Street como o noso caseiro, a procura dun cinema queer dende Galicia e en galego, propostas particulares sobre creación artística, proxectos de xuntanza de emigrados a través de video-cartas, curtametraxes, Gaza, o aborto, a dependencia tecnolóxica, a representación do homosexual na pantalla, o Fórum gastronómico de A Coruña, as relacións institucionais de poder, a xestión cultural do país, as novas formas de non ver a televisión, a modernidade líquida, a Igrexa católica e os seus paradoxos...

E así continuaremos, intentando estar seguro de algo, sen estar seguro de nada. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...