Nestes tempos no que o crowding out está a provocar un serio déficit de inversión pública na cultura —iso, e tamén a Cidade da Cultura— a aposta persoal do xerente do Twist & Shout, André Sánchez, foi a responsable de financiar máis de trinta concertos no que leva aberta a sala (pouco máis dun ano) e pódese dicir tranquilamente e sen dubidar que fixo máis pola cultura musical non-comercial de Ogrove e arredores, neste período, que a administración local en moito tempo —isto, se é que coincidimos en que Karina e a Panorama, son parte do mainstream, claro—.
Nesta liña foi deseñada a segunda edición do Rolling Over no Twist & Shout Club, e despois de dous días intensos, podemos afirmar, que o resultado foi positivo. Programar este tipo de eventos sempre acarrexa un risco que poucos están dispostos a asumir. A medida que se achegaba a hora de apertura de portas tanto o xoves 28, coma o venres 29, os nervios aumentaban. Pois un nunca sabe canta xente vai a acudir á chamada da selva.
Bruno T Ford. Por: Cristina Barcala
Por sorte tanto unha xornada como a outra foi acollida con agarimo e atención por parte do abundante público que asistiu aos catro concertos. Non só foron mecos, que son os habituais da sala, senón que o período estival animou a xente de varios recunchos de Galicia (e ata de Portugal) a facernos unha visitiña.
1;
Coma seguro xa saben moitos dos lectores —por que estiven a dar a vara durante un mes— os encargados de pór banda de son á primeira xornada foron Flip Corale y los Macabrosxunto con Bruno T Ford. Logo foi a miña quenda como DJ, —Manu Tf para servirles—, e procurei facer mover o cu a todo mundo, como de costume, cunha pinchada ecléctica (de The Sonics, pasando por Two Door Cinema Club e rematando con Brooke Candy; e concedéndolle a un portugués un tanto insistente Ace of Base; e por certo, grazas a Cristina Barcala por sacarme unhas fotos mentres eu poñía copas).
2;
Se a primeira xornada foi rica e abundante, tanto en festa, como asistencia, e calidade musical, a segunda non podía ser menos. Da man de Lendronecomezou —tarde, coma de costume, por que en Galicia se dis que ás once, é ás doce— a noite do venres 29 do mes de Marzo, facendo vibrar a sala co seu LP UNO (que podedes escoitar, como os anteriores, no bandcamp). E logo viñeron os aclamados Unicornibot, que coma Bruno T Ford, e os de Lendrone, xa estiveran connosco en Ogrove, pero volveron para dar máis guerra, ante un público, que coma se baixo os efectos dunha ménade estivese, bailaba e berraba extasiado —non é que fora unha bacanal, isto son licenzas literarias que me permito—. As fotografías que veñen de seguido foron tomadas por moi, e as mellores, pola nosa colaboradora Paula Iglesias.
Despois de Unicornibot instalouse na cabina o gran Nano Vinilo DJ,por todos coñecido polos anos que estivo de residente no pub meco Vinilo. Realizou unha pinchada que repasou varios estilos, e non deixou que a xente descansara un segundo, cunha destreza máis que traballada no indietronic. Cando rematou a sesión con Oasis, con Whatever, pensou que rebentara un das pantallas de son: "Nano, non te preocupes, que senón rebentaron ata ajora, malo sería que rebentaran con Oasis".
Se queredes ver máis fotografías podedes atopalas no facebook de Culturadeseu, ou do Twist & Shout, iso así a partires de mañá (día 3 de abril).
Hai tempo que, os lectores máis perspicaces e asiduos, saben da miña vinculación co mundo da música nocturna coma pinchatunes-dejota residente no clube meco Twist & Shout. Outros, quizáis, tamén saiban que dun tempo a esta parte, se me relaciona con outros locais, desta vez composteláns, como o Kunsthalle, —onde entre outras cousas, tamén me poden atopar como english teacher cada martes, de 20.30 a 00.00 nos encontros de iThinkAboutEnglish—.
Carlos Montilla e David Barro, responsables do Kunsthalle, atenden ás televisións.
A razón desta entrada, para evitar rodeos, é a chamada 'Revolución' que deu comezo hoxe no devandito lugar de nome alemán. Unha taberna que se define na teoría e na praxis pola súa contemporaneidade, que pretende ser punto de encontro entre sinerxias de creación artística de diversa índole (ben sexa arte plástico, pictórico, culinario, performático, musical...), e que presenta este mes unha programación moi completa que inclúe concertos, encontros afterwork, foros disruptivos, entroido parties e maridaxes entre comida, música e creación artística.
Sashimi e tartar de xurelo maridados cun viño Ribeiro presidiron a rolda de prensa.
Os principais responsables desta revolución son David Barro e Carlos Montilla, ambos vinculados ao mundo da produción cultural, e Alén Tarrío, que se atopa ao mando dos fogóns. Na rolda de prensa que tivo lugar esta mañá do día 5 de febreiro, puidemos contemplar os traballos capturados en vídeo realizados pola artista visual e performerAna Gesto e a intervención nunha das paredes do Kunsthalle a cargo de Almudena Fernández Fariña (Vigo, 1970).
Almudena Fernández Fariña intervindo no espazo do Kunsthalle
iThink
É a "marca que trata de actuar globalmente dende o local a partir dun compromiso coa cultura e a sociedade e dun comportamento responsable". Este distintivo visibilízase a través de tres liñas de actuación que se retroalimentan: o espazo físico —Kunsthalle—, as redes sociais/Internet, e a terceira vía será proxectada na organización e na produción de eventos externos en diferentes cidades.
De esquerda a dereita: Almudena Fernández, Ana Gesto, Carlos Montilla e David Barro.
A máquinaria arrincará este mes co concerto do Ciclo Autorretratos,que organiza Desconcierto Cultural e que chega á súa terceira tempada con Kunsthalle como sede. Deste modo, o mércores día 6 será o turno de Ben & Bruno (Peter J. Brant), seguido o 19 de febreiro de Bird by Snow (Fletcher Tucker), mentres que pechará o 21 de marzo o ciclo coa banda Mist. O xoves 7 continuará unha exitosa proposta, a segunda das Nerd Nites (que comezou con esta taberna contemporánea como pioneira en España, en colaboración coa USC),ás 21 horas, e ao día seguinte —venres 8— promoveráse o primeiro Foro Disruptivo, onde profesionais de diferentes sectores culturais compartirán un encontro para promover a innovación no eido da cultura. O sábado 9 o protagonista será, como non, o entroido, cunha festa que xirará a redor do director de cine Quentin Tarantino, e das emblemáticas personaxes das dúas películas.
Os martes (teño que admitir que nisto imparcialidade hai pouca) a mellor forma de aprender inglés e coñecer xente, crear sinerxias e reconducir o karma, todo de balde, é asistir aos encontros de iThinkAboutEnglish, de 20.30 a 00.00. Alí estará Manu Tf (eu) de anfitrión, con debates, charlas e Quiz Time.
E que facer un xoves en Compostela? Pois o mellor é ir ata o Kunsthalle, onde eu (Manu Tf), outra vez, a partires do 14 de febreiro lles darei a mellor das acollidas nos encontros afterwork, no Piso 0. E para rematar este comezo revolucinario unha aposta musical moi interesante con Sethler o xoves 22, o alter-ego de Hugo Martín Cuervo, recoñecido no mundo da curtametraxe por ser o director máis novo nominado a un Goya.
Sen máis dilación, e esperando que a información lles resulte de interese (sen esquecer os agradecementos a Eliana pola claridade da súa nota de prensa), déixovos con 'Míranos' de Sethler.