No primeiro esbozo desta reportaxe escribín que quizais a casa d’A Peregrina non goce da pompa e grandeza que no seu día, hai máis de cincocentos anos, tivo a residencia de Lorenzo de Medici en Florencia, alí onde, con trece anos, Miguel Anxo Buonarroti practicou as súas primeiras incisións na pedra branca de Carrara. Tamén escribín que o culpable de que este espazo de creación (A Peregina) fora posible, era unha sorte de mecenas post-moderno. Pero todo isto soaba un tanto afastado da realidade, idealizado. Porén a verdade é que en Sarela de Arriba, ás aforas de Santiago de Compostela, hai unha vella casa habitada por catro persoas que só teñen que pagar dous euros ó día. A cambio, reciben un espazo no que poden, de forma libre, crear, crear e crear. Con que outra palabra, que non sexa mecenas, describriades a alguén apaixoado pola arte, que prácticamente cede un lugar propio a quen queira achegarse e introducirse no tan denostado e, á vez, admirado, mundo da creación artística?


Vivir da Arte
Ningún deles considera fácil poder vivir da arte. Dependen básicamente de concursos e ventas ocasionais. ¿Está a súa profesión infravalorada? Pois para Olmo é unha moeda de dúas caras: “as aparicións públicas están cheas de glamour, pero a realidade é ben diferente”; son “mitos de Bohemia”, engade Diego. Dependendo do tipo de obra na que se traballe pódense ter boas e malas épocas e na profesión de artista dáse o caso excepcional de que o traballo non sempre se paga como producto final. “Ás veces páganche a producción da obra, e ofrécenche unha promesa de éxito por expor nun determinado espazo de prestixio”, afirma Diego Vites. Olmo incluso recorda utilizar obras como moeda de cambio, o que afirma, sería moi interesante, pero (apunte persoal) dubido que un conselleiro acepte un soldo en esculturas por moito que represente a cultura galega.

Mercados e tabúes
¿Temos todavía temas prohibidos na arte? Diego e Olmo consideran que sí. Pode que temas de controvertidos de pudor sexual, relixioso, político ou social foran tratados con anterioridade na arte, “pero a sociedade aínda non superou este pudor”, considera Olmo. Os mercados institucionais só apostan por artistas e obras que “perpetúen a súa visión”, opina. E as galerías, cuxa visión é puramente mercantil, tamén deixan paso a prexuízos de carácter ideolóxico, axudando á manter o status quo.
Diego Vites considera que a cultura artística galega de seu e unha cultura de creación minifundista. Diversos e pequenos colectivos espallados pola nosa xeografía consiguen unha auténtica e orixinal producción cultural. Para Olmo Blanco o institucional está fora da cultura de seu. “A sociedade non vai os centros [de exposición] e os centros non representan á sociedade”, sentencia.
Corolario
Se Susan Sontag levantara a cabeza, hoxendía, e en Galicia, pensaría ter retrocedido no tempo, e non crería estar no século vinteún. Ela que escribía isto en Sobre la fotografía, publicada en 1975, pensaría que no 2012 as cousas estarían, no mundo occidental, ao outro nivel:
“O seguro xa non monopoliza a imaxinaría pública. O grotesco non é xa unha zona privada. A xente bizarra, en desgracia sexual, libre emocionalmente, é vista cada día nos quioscos, na televisión e no metro. O home hobbesiano vaga polas rúas, moi visible, con purpurina no seu cabelo".Se cadra é que aínda queda moito por andar. Tendo en conta que en 1975 acababa de morrer Franco, e que Don Manuel non fai moito que finou. Quizais o cambio está por vir, pero non o de Mariano. Entendámonos, por favor.
English / Español
No hay comentarios:
Publicar un comentario