156
"Unha poboación enteira está atrapada no que é esencialmente unha prisión ao aire libre". Así o define Jonathan Witthall, xefe de análises humanitarias de Médicins Sans Frontières (MSF), segundo informa Robert Fisk, e publica The Independent. Que teñan, una boa tarde. ![]() |
Prostesta pro-Palestina en Portland Place, fronte á BBC en Londres. ANDREA BALDO /GETTY IMAGES |
«Dende 2010, a MSF administra unha clínica postoperatoria na cidade de Gaza, onde o 80 por cento dos pacientes sofren de queimaduras graves, e proporciona cirurxía especializada manual no hospital de Nasser en Khan Younis, e formación en coidados intensivos a persoal médico e paramédico tanto no hospital de Nasser coma no de Shifa.
Durante o conflito, o señor Whittall engade, "a voz indignada dos equipos médicos do MSF é silenciada pola propaganda bélica que emerxe cada vez que unha operación [militar] coma esta ten lugar e debido á preocupación de que unha voz crítica demasiado alta podería impedir aos equipos cirúrxicos da organización chegar ata a Franxa de Gaza". Aínda que o señor Whittall non o di, grupos humanitarios tiveron que sufrir as mesmas restricións coas poboacións civís que precisaban axuda desesperadamente na guerra de Siria.»O resto o artigo (en inglés).
No hay comentarios:
Publicar un comentario