Nestes tempos no que o
crowding out está a provocar un serio déficit de inversión pública na cultura —iso, e tamén a Cidade da Cultura— a aposta persoal do xerente do Twist & Shout, André Sánchez, foi a responsable de financiar máis de
trinta concertos no que leva aberta a sala (pouco máis dun ano) e pódese dicir tranquilamente e sen dubidar que fixo máis pola cultura musical non-comercial de Ogrove e arredores, neste período, que a administración local en moito tempo —isto, se é que coincidimos en que
Karina e a Panorama, son parte do
mainstream, claro—.
Nesta liña foi deseñada a segunda edición do Rolling Over no Twist & Shout Club, e despois de dous días intensos, podemos afirmar, que o resultado foi positivo. Programar este tipo de eventos sempre acarrexa un risco que poucos están dispostos a asumir. A medida que se achegaba a hora de apertura de portas tanto o xoves 28, coma o venres 29,
os nervios aumentaban. Pois un nunca sabe canta xente vai a acudir á chamada da selva.
 |
| Bruno T Ford. Por: Cristina Barcala |
Por sorte tanto unha xornada como a outra foi acollida con agarimo e atención por parte do abundante público que asistiu aos catro concertos.
Non só foron mecos, que son os habituais da sala, senón que o período estival animou a xente de varios recunchos de Galicia (e ata de Portugal) a facernos unha visitiña.
1;
Coma seguro xa saben moitos dos lectores —por que estiven a dar a vara durante un mes— os encargados de pór banda de son á primeira xornada foron
Flip Corale y los Macabros xunto con
Bruno T Ford. Logo foi a miña quenda como
DJ, —
Manu Tf para servirles—, e procurei facer mover o cu a todo mundo, como de costume, cunha pinchada ecléctica (de The Sonics, pasando por Two Door Cinema Club e rematando con Brooke Candy; e concedéndolle a un portugués un tanto insistente Ace of Base; e por certo,
grazas a Cristina Barcala por sacarme unhas fotos mentres eu poñía copas).
2;

Se a primeira xornada foi rica e abundante, tanto en festa, como asistencia, e calidade musical, a segunda non podía ser menos. Da man de
Lendrone comezou —tarde, coma de costume, por que en Galicia se dis que ás once, é ás doce— a noite do venres 29 do mes de Marzo, facendo vibrar a sala co seu LP
UNO (que podedes escoitar, como os anteriores, no
bandcamp). E logo viñeron os aclamados
Unicornibot, que coma Bruno T Ford, e os de Lendrone, xa estiveran connosco en Ogrove, pero volveron para dar máis guerra, ante un público, que coma se baixo os efectos dunha ménade estivese, bailaba e berraba extasiado —non é que fora unha bacanal, isto son licenzas literarias que me permito—. As fotografías que veñen de seguido foron tomadas por
moi, e as mellores, pola nosa colaboradora
Paula Iglesias.






Despois de Unicornibot instalouse na cabina o gran Nano Vinilo DJ, por todos coñecido polos anos que estivo de residente no pub meco Vinilo. Realizou unha pinchada que repasou varios estilos, e non deixou que a xente descansara un segundo, cunha destreza máis que traballada no indietronic. Cando rematou a sesión con Oasis, con Whatever, pensou que rebentara un das pantallas de son: "Nano, non te preocupes, que senón rebentaron ata ajora, malo sería que rebentaran con Oasis".
Se queredes ver máis fotografías podedes atopalas no facebook de Culturadeseu, ou do Twist & Shout, iso así a partires de mañá (día 3 de abril).
Bye, bye, hasta otro ratito.