
A relación entre o artista e a súas creacións está determinada polo binomio do amor-odio e por unha loita constante, de varios frontes, que require ás veces o atrincheiramento. É unha dialéctica convulsa entre o autor e o lenzo en branco. Entre o autor e si mesmo. Entre o autor, a súa obra e o espectador. Entre intereses alleos á creación, presións, supervivencia, correntes de creación e a vida cotiá. O comer e o beber. As frustracións, complexos e contrariedades.
Ter, polo tanto, acceso a unha exposición que repasa
corenta anos da produción artística dunha mesma persoa é unha fiestra aberta de par en par á intimidade e devir do artista en
cuestión, e, en consecuencia, un reflexo persoal do contexto da súa
creación. Unha historia á que podemos acceder nas instalacións do Furancho de
Arte Contemporánea de A Peregrina.

Particular interese motivan os seus acrílicos con carbón vexetal
sobre lenzo. O 'Por la mañana' que inclúe a súa recorrente taza de café, as
mans do 'Saludo' e a 'Absolución', ou a cabeza cortada sobre un prato son os
anacos da realidade vista por un Amando máis mozo; simples en forma pero complexos e cargados de significado.
O compromiso de Amando por contribuír na creación de
discurso artístico quedou comprobado con Microfisuras, unha revista-libro da
que foi fundador e editor durante máis de cinco anos; un periplo ariscado que tivo que rematar lamentablemente pola falta de
financiamento, e cuxa última edición, coma as vacas realizadas no 2011, está
tinguida de negro, o chapapote da marea do Prestige. Vinte números que contaron
con colaboradores coma Uxío Novoneyra, Raúl Eguizabal, Kevin Power, Jean
Baudrillard, Francisco Jarauta, Ignacio Castro e tantos outros artistas e
pensadores da nosa era.
Na mesma mesa onde se atopan os Microfisuras, poderemos
recorrer coa axuda dos responsables do F.A.C. a biografía de Amando González.
Os lugares nos que foi publicado e mencionado e aqueles que o ignoraron. Incluso hai unha axenda persoal cargada
de debuxos, de anacos de intimidade.
Non me foi posible asistir ao día da inauguración por
motivos laborais e polo tanto non puiden acudir á charla que deu in situ o propio artista, onde relatou os motivos polos que moitas das obras expostas foron creadas. Porén deixo
aquí a miña impresión do que puiden ver grazas a hospitalidade dos peregrinos fac'ers.
Máis pezas forman parte desta sincopa das obras de Amando,
como as fotos que foron proxectadas no remolque refrixerador situado no anaco
de monte tras a casa d'A Peregrina; unha delas, segundo me dixo Ania González,
mostra a Amando espido, no chan do seu estudio, rodeado de numerosos cadros de
factura propia.
'Amando; A Pintura Toda; Unha Historia' foi parte dun dos
F.A.C. Express, se o perdestes non vos queixedes, será por non vos ter
avisado (colgarei máis fotos no facebook de culturadeseu). Porén este inusual furancho segue a ser unha cita ineludible para os que botan de menos a liberdade de
exposición sen condicións.
Hola Manu:
ResponderEliminarGracias por fijarte en mi trabajo.
Lo que cuentas en tu blog debe quedar claro que son impresiones tuyas. Una cosa es lo que tú 'ves' al ponerte delante de mi obra; otra, y bastante diferente, es lo que realmente las motivó. También para algunos hechos de mi biografía das algunas explicaciones realmente sorprendentes. Sí, fue una pena que no escuchases lo que sobre mi trayectoria dije ese viernes pasado en el FAC.
Repito: gracias por fijarte en mi obra.
Amando
No tengo mayor pretensión que escribir y, de ser posible, que me lean. Normalmente, y dado que no soy experto, no suelo profundizar mucho en el análisis ni especular, pero tu obra me inspiró y no pude reprimirme. Me gustaría haber estado allí y poder haber escuchado los motivos reales. La mía, no es más que la opinión indiscreta de un espectador amateur. Un saludo y gracias a ti.
ResponderEliminarManuel