9.04.2014

Exterior, Catedral, Día

Unha multitude está congregada ante un voceiro ao que nunca chegamos a ver, non claramente. Vemos a súas mans, vemos a súa faciana dende lonxe, fóra de foco. Escoitamos a súa voz.

De verdade queren que sigamos a pensar que as súas mentiras son verdades eternas? Que todo é froito dunha conspiración nosa por quitarlles o poder? Que fomos nós os que lles serramos as patas das mesas onde querían esconder as mans tinguidas de sangue? Nosoutros, digo, e digo todos nós. Vostedes tamén son nós. Os que deciden nas furnas. Os deciden quen goberna. Os que teñen no seu haber a capacidade de cambiar as cousas, de cambialo todo; xa está ben... Son vostedes quen teñen a última palabra acabar con esta situación. Por que a inmensa maioría do pobo non quere que continúe unha farsa, unha mentira coma esta, que pareceu callar tan ao fondo que non hai quen a limpe, quen a quite pola forza das pedras que están agora pisando. Xa saben que nós, queremos traballar. Nós queremos avanzar e sacarnos a todos desta crise. Xa o estamos facendo, pero imos traballar arreo para que ese cambio sexa maior. Para que todos e todas os que habitamos neste país teñamos maiores e mellores oportunidades. Para que os seus fillos e as súas fillas non teñan que facer fronte a unha débeda que eles non adquiriron. Para que o mundo no que medren os seus netos e as súas netas sexa un mundo igual para todos. Non só para o un por cento. Igualdade no traballo, igualdade na casa, igualdade na rúa, igualdade ante a xustiza. Para que ninguén lles diga con quen poden ou non poden casar, para que o Estado deixe de meter man na casa de todos os veciños, para bótar ao Estado dos úteros, das carteiras, das empresas, e das escolas. Para que o terrorismo global sexa un problema do presente, pero non do futuro. Señoras e señores, é a hora, é a hora, é a hora de votar. Salta, bota, canta. Y ahora los bajitos. Grazas.

A audiencia aplaude, bebe viño e berra revolución! 

202

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...