![]() |
Ao parecer este tipo de condutas, poden deberse a enfermidades cerebrais. |
Os gatos. Os gatos están en todas partes. En xuño de 2012, unha super-computadora de Google aprendeu que Internet ama os gatos. O máis interesante é que ninguén lle dixera ao denominado como Google Brain que aspecto teñen os gatos; un pequeno paso,pero de gran relevancia, dentro da carreira que manteñen as grandes empresas tecnolóxicas do mundo, na innovación en Intelixencia Artificial, e a aposta polo deep learning.
Isto, que podemos consultar con máis extensión na última edición bimensual da Mother Jones, demostra a nosa adicción ao que fan estas criaturas. Eventos desapercibidos no pasado, polos nosos ancestros ignorantes e libres de teléfonos con cámara de última xeración, son agora motivo protagonista de milleiros de vídeos. E 10 millóns de vídeos sen etiquetar foron o alimento que lle deixaron ao Google Brain, de onde inferiu, o noso amor contemporáneo polos felinos. É unha mágoa que estas pezas audiovisuais foran de YouTube, onde non (que eu saiba) podemos pendurar pornografía, de teren incluído outro tipo de Webs de seguro que o cerebro de Google, tería identificado outro tipo de paradigmas, máis festivo-sexuais.
![]() |
Un día de alto grao de contaminación na praza de Tiannanmen. Alexander F. Yuan / AP Fonte: WP |
En fin. Que nos encantan os gatos; o porno é común a moitos, pero poucos falan del abertamente, por reparo e pudor social, mentres non deixamos de queixarnos e de opinar sobre o tempo, que se ben é común a todos, de momento é incontrolable para a maioría de nós; fóra dos chinos, claro, que hai tempo aprenderon a sementar nubes e pretenden botar abaixo montañas sen impactar irremediable e negativamente a estabilidade, xa fráxil, do seu ecosistema, e por extensión o de todos.
203
No hay comentarios:
Publicar un comentario