9.23.2014

«Hombres Bisagra»

Logo de pasar por tres anos de paréntese, a compañía teatral Matarile (fundada en 1986) volveu no 2010 cun espectáculo cuxo texto e nome foi una declaración de intencións Staying Alive. Agora a carreira de folgos renovados continúa coa súa obra Hombres Bisagra da que afirman na súa nota de prensa:

«A orixe de Hombres Bisagra parte dunha proposta de Baltasar Patiño ao
percusionista Nacho Sanz para traballar xuntos, fai agora catro anos. 
Unha proposta escénica híbrida que se achega máis á idea de concerto que á de
representación teatral. 
O espazo sonoro e as atmósferas de luz e as imaxes de vídeo son as que suxiren,
evocan e producen situacións, compartindo a escea coa presencia dos corpos. 
Catro homes no escenario, nun espazo cambiante, transformado continuamente pola
mistura e as conexións entre o que se e e o que se escoita, entre o que se percibe e o
que pasa inadvertido. 
A música e o ambiente de son están xenerados en directo por unha colección de
sintetizadores históricos da primeira época da composición de música electrónica. 
A bisagra, por definición, serve de punto de unión e ao mesmo tempo permite a
articulación: o movemento, a apertura, o transitar. E posibilida o desmotar cousas e
montalas.»
Matarile Teatro estreará Hombres Bisagra no Festival Internacional de Teatro de Ourense FITO o día 10 de Outubro ás oito e media no Teatro Principal. Ademais conta con vindeiras funcións de Teatro invisible e Staying Alive:
Teatro Invisible, 11 de outubro, Festival Internacional de Teatro de Ourense.
Staying Alive, 21 de novembro, Kultur Leioa, País Vasco.
Teatro Invisible, 23 de novembro, Sala Baratza, Vitoria.
Staying Alive, 29 de novembro, Laboratorio de las Artes de Valladolid.
Teatro Invisible, febreiro 2015, Alhóndiga Bilbao.
Staying Alive, febreiro 2015, Alhóndiga Bilbao.
Teatro Invisible, 4 de marzo 2015, Corral de Comedias de Alcalá de Henares.
Staying Alive, 6 e 7 de marzo 2015, Corral de Comedias de Alcalá de Henares.

221 

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...