"A mina de Corcoesto é a máis importante, porque con ela se mide a capacidade de oposición popular a esta nova forma de explotación dos recursos, ó servizo de multinacionais e coa aquiescencia do goberno galego. Estamos a facer o documental Tesouro de Corcoesto para investigar o asunto, para falar del, para sacalo a discusión pública. Un documental independente que logo colgaremos con acceso libre na rede. Se queres informarte e colaborar, asómate ó noso proxecto en Goteo."Para poder realizar na súa totalidade o documental lanzaron unha campaña de microfinanciamento ou crowdfunding a través do portal goteo.org. Déixovos un vídeo mostra do que están a facer, do traballo que teñen entre mans. Espero que vos resulte interesante e participedes do mesmo.
Mostrando entradas con la etiqueta Documental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Documental. Mostrar todas las entradas
9.04.2013
Tesouro de Corcoesto
Tras un breve período estival de inactividade volvemos á carga, e facémolo para apoiar un proxecto que chegou á bandexa do meu correo electrónico hai uns días. O remitente era a directora/documentalista Cora Peña (que quizáis lembredes do reportaxe Apash, os de fóra) cuxo compromiso e teima por falar e sacar á luz temas incómodos para determinados sectores económicos e políticos a levou nesta quenda a centrarse, xa non na Amazonía, mais en Galicia. Razón: a megaminería
Campaña en goteo.org:
http://goteo.org/project/corcoesto-documental
Etiquetas:
Cora Peña,
Crowdfunding,
Documental,
Tesouro de Corcoesto
3.26.2013
As Palabras Secretas
Nos tempos que corren resulta doado afastarse do mundo verde. A continxencia bótase a un lado e necesariamente semellamos mergullar a caluga nas sempre trémulas, nunca quedas, augas da vida vicaria —en tanto non directa— contemporánea. Mediados por sempre pola tecnoloxía para acudir a unha realidade virtual, que si ben se solapaba, agora suplanta durante horas á física e presencial realité.
Porén, seguir o devir do acontecer non devén en pecado mortal para o ser, pois segundo andamos, así nos construímos, poñendo un naipe enriba doutro. Mais mirar cara adiante, ou cara aos pés dun, ten por consecuencia esquecer o que fomos, ou cremos ter sido. Aquelas costumes e calidades do que nos rodea que á lixeira matamos e enterramos co corpo aínda quente, e sen deixar sequera unha campá, por se as moscas.
Con Ana Lois Gómez, motivo desta entrada hipertextual, compartín lugar de traballo hai uns anos, nun ente que todos coñecemos como TVG, e onde ocupou cargos de dirección e edición de informativos. Xa daquela me decatei da súa paixón pola terra; polas historias que por estar moi preto, semellan pequenas e intranscendentes. Son eses relatos que non teñen cabida na filosofía actual do fast-forward continuo. Son esas palabras que cremos ter aprendido pero, non mais velas, decatámonos de que, delas, xa non temos idea.
Cun proxecto de presuposto 0, auto-xestionado, e contando de cando en cando coa colaboración de colegas de profesión e amigos, esta experimentada e curtida xornalista recolle vídeos case cada semana, para facer a súa mediateca o máis ampla posible. As súas viaxes non están exentas de anécdotas, e na nosa entrevista comenta que un vello de Lalín lle propuxo matrimonio, unha señora maior en Cervantes queríaa arrexuntar co seu fillo, e en xeral, as mulleres sempre lle queren mandar comida:
Porén, é a recollida e constatación dunha realidade que fica invisible pola súa proximidade e suposta intranscendencia, e que a súa creadora non xulga, pois iso queda nos ollos do espectador.
Porén, seguir o devir do acontecer non devén en pecado mortal para o ser, pois segundo andamos, así nos construímos, poñendo un naipe enriba doutro. Mais mirar cara adiante, ou cara aos pés dun, ten por consecuencia esquecer o que fomos, ou cremos ter sido. Aquelas costumes e calidades do que nos rodea que á lixeira matamos e enterramos co corpo aínda quente, e sen deixar sequera unha campá, por se as moscas.
![]() |
| Ana Lois Gómez, na presentación de As Palabras Secretas en Vigo, na Cova dos Ratos. |
Con Ana Lois Gómez, motivo desta entrada hipertextual, compartín lugar de traballo hai uns anos, nun ente que todos coñecemos como TVG, e onde ocupou cargos de dirección e edición de informativos. Xa daquela me decatei da súa paixón pola terra; polas historias que por estar moi preto, semellan pequenas e intranscendentes. Son eses relatos que non teñen cabida na filosofía actual do fast-forward continuo. Son esas palabras que cremos ter aprendido pero, non mais velas, decatámonos de que, delas, xa non temos idea.
«Creo que a idea leva aí varias xeracións porque a miña bisavoa xa preparaba herbas medicinais para ter abastecida a toda a súa familia durante o ano. Eu non a coñecín, pero herdei dela o nome e seguramente tamén a paixón pola medicina tradicional. De pequena pedín un anaco de xardín para plantar xarxa e menta. E a primeira reportaxe que fixen como exercicio cando comecei xornalismo foi entrevistar unha sabia hoxe falecida. Pero nunca tomei moi en serio esta fascinación pola medicina tradicional ata hai dous anos. Foi unha amiga a que me falou de dúas señoras de Muros que quitaban o mal de ollo. E eu, que son curiosa, funas visitar só por ver como facían. E fascinoume tanto que decidín gravalas, sen saber moi ben que ía facer con ese material. Entrevisteinas e deime conta que todo iso do que elas me falaban estaba a piques de desaparecer. Así que empecei a gravar persoas que bendicen e a facer pequenas pezas documentais con ese material. Así naceu www.palabrassecretas.com . Algúns dirían que foi "por casualidade". Segundo a miña avoa é o meu "sino".»As Palabras Secretas non é unha páxina de remedios naturais nin de terapias alternativas. Trátase dun proxecto que quere recoller rituais de sanación utilizados na cultura galega que ao romperse a cadea de transmisión oral inter-xeneracional, se atopan en perigo de extinción:
«Os vellos non transmiten a súa cultura porque durante moitos anos lles fixeron crer que non valía, igual que falan castelán cos netos porque lles fixeron crer que o galego era de pailáns. Devolverlle a dignidade ós maiores é o único xeito de que empecen a contar cousas e de que nós reconstruamos a nosa cultura. Non importa se son remedios tradicionais ou contos de lendas. Creo que os que recollemos deberíamos facer sempre as estreas dos proxectos nas aldeas nas que traballamos e permitir que os nosos informantes reciban aplausos diante de tódolos veciños.»Ana Lois tamén quere deixar a súa semente alá por onde pasa. Por iso implica aos cativos, familiares: "Os máis novos da casa alucinan porque son por primeira vez espectadores de algo que non coñecían a pesar de telo tan preto. A fin de semana pasada entrevistei unha señora en Tomeza. O seu neto, duns 10 anos, tivo os ollos como pratos durante todo o tempo. E cando ela sacou un alicorno dun caixón, o rapaz case deu un brinco."
| Presentación de As Palabras secretas en O Peso, A Lama. |
Cun proxecto de presuposto 0, auto-xestionado, e contando de cando en cando coa colaboración de colegas de profesión e amigos, esta experimentada e curtida xornalista recolle vídeos case cada semana, para facer a súa mediateca o máis ampla posible. As súas viaxes non están exentas de anécdotas, e na nosa entrevista comenta que un vello de Lalín lle propuxo matrimonio, unha señora maior en Cervantes queríaa arrexuntar co seu fillo, e en xeral, as mulleres sempre lle queren mandar comida:
«Á beira do río Verdugo, buscando información sobre os bautismos prenatais, pasoume algo moi significativo. Preguntei nunha casa se sabían algo dos bautismos que se facían na ponte de San Lourenzo e o mozo que saíu á porta miroume como se estivese tola. Dixo que alí non se facía nada diso. Entón eu inistín preguntando se había algunha persoa maior na casa que puidese saber do tema. E el responde: está a miña avoa, pero xa che digo que diso non se facía nada e que ela non sabe do asunto. Entón eu pido que saia a avoa e o rapaz xa me mira un pouco peor. E cando sae a señora e lle pregunto, ela empezou a contar a historia dos bautismos prenatais diante das fillas, dos netos e dos bisnetos que a esa altura xa estaban de porta afora observándome. Contoume como era todo o ritual e, ó acabar, o neto díxolle: Pero usté nunca nos falou diso. E ela respondeu tallante: Vós nunca me preguntastes.»Se As Palabras Secretas é algo, non é un incentivo á suplantación da medicina por curandeiras, pois como comenta a súa creadora "a xente que entrevisto non deixa de ir ó médico nin tomar os seus medicamentos". Tampouco é publicidade de balde para quen se lucra mediante estes rituais, "os nosos protagonistas non son profesionais da medicina popular. Só son persoas que coñecen e fan uso da tradición e que amablemente queren compartila con nós". Nin son rituais da chamada Galicia Profunda pois "estes ritos practícanse en todas as nosas cidades. Vigo e Coruña están cheos de bendecidoras e nas súas salas de espera agardan tamén mozas con iPhone e con bolsos caros".
Porén, é a recollida e constatación dunha realidade que fica invisible pola súa proximidade e suposta intranscendencia, e que a súa creadora non xulga, pois iso queda nos ollos do espectador.
Etiquetas:
Ana Lois,
Documental,
Galicia,
Mitoloxía,
Palabras Secretas,
Relatos,
Remedios,
Videos
3.06.2013
Apash, os de fóra
Coñecín a Cora Peña hai cousa dun ano.
Ambos acudiamos dúas veces á semana a un curso de inglés aplicado á industria audiovisual. Conforme as clases foron avanzando e os asistentes nos iamos coñecendo, soubemos que Cora pasara dous meses entre indíxenas awajún, na ribeira do Alto Marañón, no medio da Amazonía. Acompañada polo empresario galego Antonio Abreu —que perseguía o soño de atopar ao descendente do emigrante emprendedor Alfonso Graña— e traballando como muller-orquestra (direción, guión, montaxe, produción...) dentro do que ela mesma describe coma un trance que a axudou a superar a fame e a falta de soño, Cora deixouse levar pola historia dun pobo indíxena que leva anos loitando contra a cara máis cruel da globalización, e de forma maxistral, reuniuna e contouna no seu documental 'Apash, os de fóra'.
"[...] ao principio cría que ía ir máis a pola historia de Alfonso Graña, o suposto 'rei dos xíbaros' dos anos 30, aquel galego sorprendente. Logo, tras algúns meses investigando, convencinme de que a historia de Graña non só era carísima de documentar, tamén era obxecto de desexo doutro docu máis ou menos en marcha, e, para colmo, descubrín a situación explosiva que había naquel entón na Amazonía peruana. De súpeto, a cuestión indíxena e medioambiental era tan forte e tan apaixonante, que o demais quedou relegado."
Cun modesto investimento da Televisión de Galicia (que cubriu a rodaxe e a postprodución de son, e pouco máis) a directora embarcouse —xunto un sonidista peruano, o señor Abreu e un tradutor— nun periplo non exento de dificultades.
"Viaxar polo Alto Marañón é caro e complicado, hai só unha estrada en moi mal estado (a que aparece no documental) e logo están os ríos. Os ríos teñen días, digamos, pero as barquiñas sempre entrañan perigo. Énchenas demasiado e son fráxiles para esas correntes tan fortes. Navegar polos ríos é arriscado pero marabilloso, imaxina a beleza... Ás veces chove —ou diluvia— e hai que taparse con plásticos o corpo enteiro. Coma se as gotas de choiva che deran unha tunda e houbese que protexerse. Igualmente chegas esgotada ao porto, pero é así, parte do asunto."Pero a comida, o frío/calor ou a necesidade de descansar nunha cama non foron os seus únicos problemas, pois debía encargarse da produción, de avanzar e modificar o guión, revisar as gravacións, cargar co equipo: "levábamos de todo: anti-mosquitos por litros, tendas e sacos, botas de auga, medicamentos específicos, comida, auga potable... e suma iso ao equipo de vídeo e son...", e ademais un ten que aprender a desenvolverse non só con tribos indíxenas (cuxa acollida do rodaxe do documental, neste caso, foi fantástica), senón con costumes e horarios que nada teñen que ver cós nosos; si é que existen:
"Producir nesa contorna sempre é complicado. Non existen horarios nin nada que se lle semelle. Dependes das improvisación propia e, sobre todo, allea. Porque non adoitan respectar os pequenos convenios da vida cotiá: quedamos con barqueiro ás 10 da mañá e aparece ás 6 da tarde para dicir que saiamos ao día seguinte. Hai que relaxarse e seguir aí, intentando, porque ao final conséguelo. Eu creo que resistín toda esa presión de traballo e responsabilidade porque estaba nun pouco en trance. Entre a beleza do lugar e a urxencia por contribuír a que siga existindo, estaba como nunha misión. E non podía fraquear."É por iso que Cora, tanto cando a coñecín como na entrevista, fala da necesidade de contar cun bo produtor/a. A pesares de ser esta unha súa moi monopelícula, na que a voz en off en castelán do documental é a súa propia —pois quedou sen presuposto— ademais a súa montaxe, a súa dirección, o seu guión: "pero ter un produtor... que tesouro sería! (creo que escoito a todos os directores de documental de baixo presuposto suspirar comigo)."
"A voz indíxena debe ser escoitada"
A historia dos awajún é, tristemente, un tópico. Ou así permanece no noso in-consciente. Escoitamos que están a esquilmar a Amazonía, o pulmón do planeta, que están a acabar cunha cultura, que lles están a arrebatar as súas casas, a súa contorna, a súa forma de vida a uns indíxenas xíbaros; que a industria madeireira, a petrolífera e gasística están a destruír, contaminar e minar un ecosistema de tremenda importancia, non só para os seus habitantes, senón para o resto do mundo... E sóanos a panxoliña de Greenpeace, a o delirio dun ecoloxista, a un ruído distante, coma cando nos falan do cambio climático, ou da caza de baleas.
Eu non os podo convencer da importancia de todo isto, pois, ao fin e ao cabo, eu non vivo na Amazonía, nin son un awajún. Pero por iso Cora fixo algo grandioso, que é traernos a voz indíxena, nun documental con testemuños de primeira man, implicados políticos, antropólogos, empresarios e veciños, que permiten ao espectador indentificarse coa historia, por moi lonxe que estea a ocorrer.
"Para min as satisfaccións deste proxecto foron de calquera natureza excepto económicas. Pero non me queixo, volveríao facer", confesa Cora. Tras a súa estrea, 'Apash, os de fóra', segue a aparecer de cando en cando nalgún festival; cos medios que están ao seu alcance, a súa directora segue a intentar difundilo para que o maior número de xente poida coñecer a historia dos awajún. Por iso un ano despois de coñecérmonos volvín falar con ela. Para que a coñezades, coñezades a súa historia e vexades o documental. Se estades en Santiago de Compostela, tedes unha cita o vindeiro xoves 14 de Marzo, no piso de abaixo do Kunsthalle (na Rúa da Conga, ao lado de Praza Quintana). Cora estará con nós, e veremos o documental a partires das 20.45. Vémonos alí.
Etiquetas:
Abreu,
Amazonía,
Apash,
Awajún,
Cora Peña,
Documental,
Kunsthalle
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


