Ás veces imos dunha serie a outra sen pensalo. Abandonamos unhas, esquecémolas, volvendo a elas meses máis tarde, ás veces sen querer. Rouban tempo libre, en sociedade, e poden afectar aos nosos traballos e estudos.
Somos, entón, adictos?
A cuarta edición do Manual de Diagnose e Estatística dos Trastornos Mentais (coñecido nas súas siglas en inglés por DSM-IV) considera como adicción, ou dependencia de substancias a presenza de tres ou máis dos seguintes criterios nos últimos doce meses:.
- Tolerancia: necesidade de cantidades marcadamente crecentes da substancia para conseguir a intoxicación ou efecto desexado.
- Abstinencia: tómase a mesma substancia (ou moi parecida) para aliviar ou evitar os síntomas da abstinencia.
- Frecuencia de uso: a substancia é tomada con frecuencia en cantidades maiores ou durante un período máis longo do que inicialmente se pretendía.
- Intentos de deixalo: existe un desexo persistente ou esforzos en van de controlar ou interromper o consumo da substancia.
- Tempo: emprégase moito tempo en actividades relacionadas coa obtención da substancia.
- Redución de importantes actividades sociais, laborais, ou recreativas debido ao consumo da substancia.
- Continúase tomando a substancia a pesares de ter conciencia de problemas psicolóxicos ou físicos persistentes, que parecen causados ou exacerbados polo consumo da substancia.
Se sufrides de abstinencia, intentaches deixalo e cada vez saídes menos da casa, penso que vai sendo hora de que fagamos unhas reunións de Seriadictos Anónimos.
Agora déixovos, que me queda o E08 da S07 de Mad Men por ver.
229
No hay comentarios:
Publicar un comentario