Mostrando entradas con la etiqueta Internet. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Internet. Mostrar todas las entradas

9.01.2014

Aprender física cuántica con YouTube

Práctica común é, entrar nunha rede social para facer algo en concreto, e acabar media hora máis tarde mirando debuxos de monstros en post-it's, sen saber moi ben como. Logo de trinta minutos apagamos o ordenador, xa non lembramos que queriamos facer en primeiro lugar, e imos para a cociña coa mente tranquila. Pouco despois vólvenos á cabeza aquel correo que tiñamos que mandar a fulanito para que collera aquelo naquel sitio.

Inclusive se nos queremos parar a ler unha información, unha historia, digamos, agora sobre o Estado Islámico, irremediablemente, cando cheguemos ao terceiro ou cuarto parágrafo, baixaremos ata o final da noticia para ver cando remata, como quen está a estudar e conta cada dous minutos as páxinas que lle quedan por memorizar.

© Gregg Segal / Fonte: Mother Jones
As aplicacións que nos permiten seguir diversas páxinas por RSS, para ter todas as novas nun mesmo marco, lonxe de axudarnos a estar informados, acaban por ofrecer un mosaico de fotografías e textos que miramos por riba. Non precisamos estar informados, precisamos que o mundo pense que estamos informados, por iso compartimos o que lemos (aínda que sexa unha lectura rápida) nos nosos taboleiros en Facebook, ou en Twitter, por que queremos que as nosas amizades e followers digan, "mira que ben informado está menganito", ou que de veras se sintan interesados polo que a nós nos interesa e poder falar do tema mentres tomamos unha caña.

Dende as tiradas de xornais de máis de seis páxinas, e a aparición das revistas especializadas, sempre existiu unha fundamental diferenza entre o slow-reading e o fast-reading. O xornais cómense coma hamburguesas nas barras dos bares, aínda que cada vez menos. As revistas e as reportaxes de investigación adoitan ser parte das tardes na praia, no sofá, ou no escritorio. Agora que Internet supliu os xornais de papel, e a información lixo, de rápida dixestión, pode ser atopada en calquera recuncho, pois a levamos no peto. Tamén, do mesmo lugar, sae, ou pode ser atopada, a lectura lenta e reflexiva, pero moito me temo que as plataformas dixitais non axudan neste sentido. A vista cánsase máis ao ler nunha pantalla, e as distraccións que se nos presentan a só un clic de distancia, son as suficientes para nos afastar do foco de atención.

Será este a fin da reflexividade humana? Acabaremos aprendendo física cuántica a través de titorías no YouTube? Non sei pero habelos hainos.

199


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...