Inclusive se nos queremos parar a ler unha información, unha historia, digamos, agora sobre o Estado Islámico, irremediablemente, cando cheguemos ao terceiro ou cuarto parágrafo, baixaremos ata o final da noticia para ver cando remata, como quen está a estudar e conta cada dous minutos as páxinas que lle quedan por memorizar.
© Gregg Segal / Fonte: Mother Jones |
Dende as tiradas de xornais de máis de seis páxinas, e a aparición das revistas especializadas, sempre existiu unha fundamental diferenza entre o slow-reading e o fast-reading. O xornais cómense coma hamburguesas nas barras dos bares, aínda que cada vez menos. As revistas e as reportaxes de investigación adoitan ser parte das tardes na praia, no sofá, ou no escritorio. Agora que Internet supliu os xornais de papel, e a información lixo, de rápida dixestión, pode ser atopada en calquera recuncho, pois a levamos no peto. Tamén, do mesmo lugar, sae, ou pode ser atopada, a lectura lenta e reflexiva, pero moito me temo que as plataformas dixitais non axudan neste sentido. A vista cánsase máis ao ler nunha pantalla, e as distraccións que se nos presentan a só un clic de distancia, son as suficientes para nos afastar do foco de atención.
Será este a fin da reflexividade humana? Acabaremos aprendendo física cuántica a través de titorías no YouTube? Non sei pero habelos hainos.
199
No hay comentarios:
Publicar un comentario