9.10.2014

Falsa memoria, falsa opinión

Un home é acusado de violar a unha rapaza e remata no cárcere. Pero é inocente. A persoa que o identifica baseou a súa acusación nun recordo creado, nun recordo falso. Para cando é liberado, a súa vida foi destruída. Acaba morrendo dun ataque ao corazón debido ao estres xerado pola súa demanda posterior ao sistema que o puxo tras os barrotes.



Estamos moi seguros de demasiadas cousas. Nun paper escrito por Michel Armatte, da Universitè Paris-Dauphine, verbo da Introducción en Francia de los métodos de sondeo aleatorio, atopamos que todos eses números que nos ofrecen nos telexornais, diarios e media dixital sobre sondaxes e enquisas, e que de forma consciente ou inconsciente toman parte en decisións tan importantes coma escoller aos xefes da nación, poden ser obtidos de forma neglixente, errada ou manipulada. En particular cita a Jacques Chapelon:
«...o feito de que existan as opinións débese á ignorancia, pero si a ignorancia é demasiado grande, a noción de opinión desaparece. As circunstancias actuais crearon esta ignorancia e produciron unha especie de licuefacción da opinión. A xente pensa de modo diferente dependendo do interlocutor ou da hora do día. Non teñen xa unha opinión, senón que oscilan entre o escepticismo e a credulidade. En tempos normais, cando a opinión cristalizou, é xa suficientemente elusiva e difícil de captar. Hoxe sería como querer atrapar algo especialmente volátil. Verdadeiramente unha sondaxe proporcionará un número. Pero ese número non representará nada. Sería coma esforzarse en determinar a temperatura de Francia ou a lonxitude dunha barra de caucho estirada irregularmente.»

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...