Asistiron Miguel von Hafe (membro da comunidade cultural galega), D. Meinhard Rauchensteiner (Delegado do BMfB e Conselleiro de Ciencia, Arte e Cultura do Presidente da República de Austria Don Heinz Fischer), Amanda Piña (Delegada de Coreografía do BMfB) e Daniel Zimmermann (Delegado de Cine e Artes Visuais do BMfB) e doutra banda, Ania González, Begoña Cuquejo, Horacio González (como equipo promotor do IGAPA).
No acto o BMfB fixo a primeira achega de capital ao IGAPA, que consistiu en 3 minutos do seu Himno corporalizado por todos os membros asistentes.
A presenza do BMfB continuará na programación do ciclo De Corpo en Lugar, esta tarde as 20.30 no Auditorio deo CGAC coa Presentación Oficial do O Ministerio Federal de Asuntos do Movemento da República de Austria (BMfB).
Ademáis esta tarde poderemos asistir de 18.00 a 20.00 ás Xornadas Procesos instituíntes na praxe artística actual coa presenza de Pedro G. Romero, María García, Ania González e Horacio González.
Máis información en
http://traspediante.com/de-corpo-en-lugar/
227
No hay comentarios:
Publicar un comentario