204
Mostrando entradas con la etiqueta Fast-Reading. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fast-Reading. Mostrar todas las entradas
9.06.2014
Fast-fucking
Nunca estivo tan preto, e nunca foi tan sinxelo. Non precisamos nin achegarnos a unha páxina pornográfica, podemos ver anuncios ofrecéndoo mentres buscamos unha receita de albóndegas. As ofertas son tan diversas como os gustos de cada quen. A promesa é sempre a mesma: sexo rápido por aquí. Fast-fucking, que lle podemos chamar. Como a fast-food, o fast-reading, é parte dunha cultura do consumo rápido, onde non hai espazo para a disensión reflexiva, nin a distensión proactiva. E son este tipo de condutas as que, a pesares de ofrecer satisfaccións instantáneas, debido á súa superficialidade, acaban por actuar coma unha subida efémera provocada por unha droga cuxa taxa de dependencia é relativamente alta, o que produce, unha vez rematado o efecto, unha sensación de baleiro que precisamos rapidamente encher con outra dose de vida en conserva, lista para ser consumida, sen necesidade de preparación, e a un prezo razoable.
9.01.2014
Aprender física cuántica con YouTube
Práctica común é, entrar nunha rede social para facer algo en concreto, e acabar media hora máis tarde mirando debuxos de monstros en post-it's, sen saber moi ben como. Logo de trinta minutos apagamos o ordenador, xa non lembramos que queriamos facer en primeiro lugar, e imos para a cociña coa mente tranquila. Pouco despois vólvenos á cabeza aquel correo que tiñamos que mandar a fulanito para que collera aquelo naquel sitio.
Inclusive se nos queremos parar a ler unha información, unha historia, digamos, agora sobre o Estado Islámico, irremediablemente, cando cheguemos ao terceiro ou cuarto parágrafo, baixaremos ata o final da noticia para ver cando remata, como quen está a estudar e conta cada dous minutos as páxinas que lle quedan por memorizar.
As aplicacións que nos permiten seguir diversas páxinas por RSS, para ter todas as novas nun mesmo marco, lonxe de axudarnos a estar informados, acaban por ofrecer un mosaico de fotografías e textos que miramos por riba. Non precisamos estar informados, precisamos que o mundo pense que estamos informados, por iso compartimos o que lemos (aínda que sexa unha lectura rápida) nos nosos taboleiros en Facebook, ou en Twitter, por que queremos que as nosas amizades e followers digan, "mira que ben informado está menganito", ou que de veras se sintan interesados polo que a nós nos interesa e poder falar do tema mentres tomamos unha caña.
Dende as tiradas de xornais de máis de seis páxinas, e a aparición das revistas especializadas, sempre existiu unha fundamental diferenza entre o slow-reading e o fast-reading. O xornais cómense coma hamburguesas nas barras dos bares, aínda que cada vez menos. As revistas e as reportaxes de investigación adoitan ser parte das tardes na praia, no sofá, ou no escritorio. Agora que Internet supliu os xornais de papel, e a información lixo, de rápida dixestión, pode ser atopada en calquera recuncho, pois a levamos no peto. Tamén, do mesmo lugar, sae, ou pode ser atopada, a lectura lenta e reflexiva, pero moito me temo que as plataformas dixitais non axudan neste sentido. A vista cánsase máis ao ler nunha pantalla, e as distraccións que se nos presentan a só un clic de distancia, son as suficientes para nos afastar do foco de atención.
Será este a fin da reflexividade humana? Acabaremos aprendendo física cuántica a través de titorías no YouTube? Non sei pero habelos hainos.
Inclusive se nos queremos parar a ler unha información, unha historia, digamos, agora sobre o Estado Islámico, irremediablemente, cando cheguemos ao terceiro ou cuarto parágrafo, baixaremos ata o final da noticia para ver cando remata, como quen está a estudar e conta cada dous minutos as páxinas que lle quedan por memorizar.
![]() |
© Gregg Segal / Fonte: Mother Jones |
Dende as tiradas de xornais de máis de seis páxinas, e a aparición das revistas especializadas, sempre existiu unha fundamental diferenza entre o slow-reading e o fast-reading. O xornais cómense coma hamburguesas nas barras dos bares, aínda que cada vez menos. As revistas e as reportaxes de investigación adoitan ser parte das tardes na praia, no sofá, ou no escritorio. Agora que Internet supliu os xornais de papel, e a información lixo, de rápida dixestión, pode ser atopada en calquera recuncho, pois a levamos no peto. Tamén, do mesmo lugar, sae, ou pode ser atopada, a lectura lenta e reflexiva, pero moito me temo que as plataformas dixitais non axudan neste sentido. A vista cánsase máis ao ler nunha pantalla, e as distraccións que se nos presentan a só un clic de distancia, son as suficientes para nos afastar do foco de atención.
Será este a fin da reflexividade humana? Acabaremos aprendendo física cuántica a través de titorías no YouTube? Non sei pero habelos hainos.
199
Etiquetas:
Fast-Reading,
Internet,
Slow-reading
Suscribirse a:
Entradas (Atom)