Nesta primeira edición (que terá lugar o 27, aquí o evento) os convidados para abrir o debate serán o xornalista David Lombao, actual director de Praza Pública (www.praza.com), Felipe Rivero de Aguilar enxeñeiro, blogger e responsable de www.uruloki.org, e a realizadora Cora Peña que está rodando O Tesouro de Corcoesto, un documental sobre o impacto da megaminería en Galicia, e que está a realizar unha exitosa campaña de crowdfunding para financialo.
Concepto:
Encontros 2.0 quere ser un lugar de xuntanza onde se discutan os retos que os profesionais
e amateurs da información/comunicación/entremento atopan para soster medios (da índole que sexa) no mutable e diversificado mundo da Internet. Ao evento, con intención de ser mensual, serán invitados media dixitais que exporán a súa traxectoria e modelo de traballo ante os asistentes e colegas con intención de abrir o debate, e intentar dar resposta, as seguintes cuestións:
Permite a Internet a creación dunha empresa/proxecto de información multimedia • sostible no tempo? Ou pola contra, a diversidade e fugacidade dos contidos dixitais, o modo no que os usuarios consumen información e cantidade da mesma fai imposible a permanencia na Web a longo prazo?
Cales son as vías de actuación para crear a devandita • sostibilidade? Cal é a vía de futuro? A debate a especialización versus os portais agregadores de novas; a investigación
fronte a recollida tradicional da actualidade informativa; os contidos de pago e os contidos de balde; a publicidade e a subscrición...
O • feedback dos usuarios: os comentarios dos lectores/espectadores permiten enriquecer
a información ou son intranscendentes? O caso dos trolls.
É o medio dixital o idóneo para a publicación de contidos extensos e complicados? Cal • é o mellor formato para ditos contidos?
Na busca de financiamento: o • coworking e o crowdfunding; ferramentas para a sostibilidade ou para a precarización da produción de contidos?