9.12.2014

Austericio colectivo

A comezos do 2013 un estudante de doutorado da Universidade de Massachusetts-Amherst, Thomas Herndon, descubriu diversos erros nun estudo publicado polos profesores de Harvard, Carmen Reinhart e Kenneth Rogoff. O paper de R&R argumentaba que a débeda pública retardaba a economía cando superaba o 90% do PIB, un arma usada a nivel internacional polos neoliberais para a defensa acérrima da moderación do gasto público, é dicir, a austeridade.

Logo de seis anos de austericio en España, e tras perder preto do 20% do produto interior bruto dende o 2008, Montoro quere facernos crer que xa saímos ou estamos a saír da crise, mais a un ritmo de crecemento do 0,6% terían que pasar cincuenta ou sesenta anos para recuperar o (tempo) perdido.

Cada vez son máis os economistas que se suman á crítica deste modelo de salvación, e aínda que uns non se poñen de acordo cos outros (divididos entre seguir a Keynes ou a Friedman), e a economía non é unha ciencia exacta, desta vez, semella que vai sendo hora de cambiar de estratexia, ante o fracaso, non só en España, mais en toda Europa.

Pero que as medidas non funcionen da igual. Non é escusa, pois sempre buscan a quen lle pór o sambenito, como explica o profesor de Universidade de Brown, Mark Blyth, no prólogo ao edición española de Austeridad: Historia de una idea peligrosa:
«...el liberalismo ha adquirido la costumbre de insistir, cada vez que sus políticas cosechan un fracaso, en que la culpa ha de atribuirse al país que trató de aplicarlas, pero no, en ningún caso a las políticas mismas. Esta es la razón de que nos digan que los griegos son unos perezosos, pese a que trabajen alrededor de seiscientas horas más al año que los alemanes. Por este mismo motivo, la economía española tampoco sufre realmente un 50% de paro juvenil, puesto que todos ellos trabajan —según nos cuentan desde esa misma ideología— en los bares de tapas o en alguna otra parte.»

Acabo de comezar dito libro, e semella unha peza indispensable para comprender porque nos últimos cinco anos os máis damnificados pola segunda Gran Depresión fomos o 99%, mentres o resto andaba de paseo no seu iate. Como exemplo podemos pór aos EUA, onde en comparación co 90% da poboación que gaña de media 30.000 dólares, o 1% fixo 22 veces máis cartos, o 0,1% acadou 118 máis parné, e o 0,01% multiplicou por 993 veces o seu income en comparación co resto.


Lecturas relacionadas:

209

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...