7.01.2014

Son os plásticos seguros? (I)

137
O Diario Oficial da Unión Europea, o 29 de xaneiro do 2011, informou de que "...non foi posible encontrar ningún estudo que requira a revisión da inxesta diaria tolerable vixente, de 0,055 mg/kg..." de BPA, produto químico usado dende comezos do século vinte na fabricación de policarbonato e resinas epoxi-fenólicas, as cales se usan para revestimentos de conservas e depósitos de alimentos e bebidas.

Tres anos máis tarde o Informe da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) do 17 de xaneiro de 2014, conclúe que podería existir unha asociación entre a exposición ao BPA e efectos no ril, fígado e cambios en glándulas mamarias en animais. Polo que decide reducir a inxesta diaria tolerable (TDI) de 0,05 kg/mg a 0,005 mg/kg peso corporal/día.

O 29 de marzo de 2010, o Goberno danés informou á Comisión Europea e aos Estados membros de que decidira prohibir temporalmente o uso de bisfenol A na fabricación de materiais plásticos destinados a nenos de entre 0 e 3 anos. Por outra banda, o Goberno francés informou á Comisión, o 6 de xullo de 2010, sobre a súa decisión de prohibir temporalmente a importación, exportación e comercialización de biberóns que conteñan bisfenol A. Anos máis tarde, o 13 de decembro do 2012, a Asemblea Nacional francesa votou case de forma unánime unha lei a favor de prohibir o uso do BPA, eliminándoo do seu territorio. Logo do 2 de abril do 2011, obrigados por unha directiva europea deixamos (en España) de comercializar biberóns infantís con esta substancia.

Diversos estudos levados a cabo nos EUA, segundo recolle a Mother Jones nunha reportaxe de investigación, encargados a axencias independentes coma CertiChem, por consumidores (sobre todo pais e nais) preocupados polos efectos adversos que o BPA e xa, os seus substitutos, poidan ter como disrutores endocrinos e afectar ao normal crecemento dos bebés, viñeron sacar á palestra de novo a perigosidade destas resinas, presentes no noso día a día.

Imaxe do supermercado Original Unverpackt.


Cada certo tempo aparecen estudos que presaxian a fin do petróleo, e en consecuencia dos plásticos, agora chegan de Alemaña novas sobre un supermercado sen plásticos (o Original Unverpackt), e expertos en toxicoloxía coma Eduard Rodríguez-Farré afirman que producimos máis substancias das que podemos testear, de que a maioría das veces a única forma de saber se son nocivas (ou de todos os seus efectos contra a saúde) é comercializala e esperar (pensen, por exemplo, nas medicinas como o último defenestrado: Orfidal) e aconséllannos que o mellor que podemos facer é diversificar a nosa dieta coa fin de merendar moitos e diferentes químicos, para evitar a súa acumulación, e ao ser moitos, pero diferentes, eliminar o dano que nos poden realizar.

Canto tempo máis imos a estar baixo a espada do lobby petroleiro? Ata que o pelo de crin de cabalo aguante, supoño.

Estaremos todos cegos de progreso tecnolóxico?
«Grazas á ciencia, os perigos poden (ou polo menos poderían) descubrirse anticipadamente, de maneira que se poida facer algo: "na medida na que os riscos da modernización tornan científicos, a súa latencia é eliminada". A ciencia  é, igual ca antes, un importante vehículo de progreso, pero de maneira novidosa: "da crítica transmitida publicamente sobre o desenvolvemento anterior se converte no motor da expansión". A ciencia, por así dicilo, fomenta o progreso ao revelar e criticar a natureza prexudicial dos seus logros anteriores. O que isto significaría, non obstante, de se adoptares unha visión desapegada, é que a ciencia está sumamente ocupada producindo, ou dando folgos á produción, dos obxectos da súa futura indignación; reproduce a súa propia indispensabilidade ao amorear erros e ameazas en desastres, de acordo co principio "xa lixamos isto, temos que limpalo" e, con maior énfase,"este é o tipo de lixo que só nos sabemos como limpar".» 
Zygmunt Bauman en Ética Posmoderna (1993) citando a Ulrich Beck.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...