![]() |
Manifestación contra o matrimonio gay no 2011. |
«Cunha mocidade que tan só pensa en fumar porros, abortar e darse polo cu, non esperedes que vos voten, prefiren o podemos ese ou calquera outro vendedor de fume que logo non ten nin idea de xestionar nada.»Asinado por televisión, en lugares de me provocar ira, provocou riso, e intentei por todos os medios non escribir nada sobre o mesmo, pero aquí estou. Pensei en convertelo no argumento central dunha diatriba en contra do vangloriado feedback instantáneo dos usuarios, que tantos profesionais e amateurs da información de publicación dixital loan. Pensei en comparar os comentarios incontrolados nas páxinas web, ás conversas de barra de bar de desinformados, que un escoita sen querer, mentres poñen na televisión a última rolda de prensa de Rajoi (rara avis). Quixen asimilalos a unha persoa berrando na rúa "sodes uns hippies, uns asasinos e uns sodomitas". Pero non me parecía xusto, pois hai quen escribe comentarios pertinentes (se o atopades, avisade por favor), lonxe do insulto gratuíto e do vómito ególatra de opinións des-enfundadas.
Por outra banda, de tomármonos en serio o comentario, reflicte perfectamente a axenda da dereita e extrema dereita española, que por doquier ve demonios con grinders e camisolas de follas de marihuana que veñen secuestrar aos seus fillos e fillas para convertelos ao homosexualismo, nunha sorte de xabarín vermello que aparece nas portas das escolas repetindo o mantra "e ti? xa eres do clube?", cheirando, claro está, a xofre, placenta e espermicida.
Se o comentarista anónimo en cuestión, tivera polo menos, algo de creatividade, tería incluído o fragmento que aparece no Novo Testamento da primeira epístola aos corintios —6:9-10— onde Pablo di:
«Ou é que non sabedes que os inxustos non herdarán o reino de Deus? Non vos enganedes! Nin luxuriosos, nin idólatras, nin adúlteros, nin afeminados, nin homosexuais, nin ladróns, nin avaros, nin borrachos, nin calumniadores, [...] herdarán o reino de Deus.»
Iso si que eran comentarios incendiarios, e non os de agora.
174
No hay comentarios:
Publicar un comentario