046
Conversábamos hai cousa de dúas semanas, a través de Twitter, eu máis o director artístico do Museo Thyssen, Guillermo Solana. O diálogo iniciárase debido a unha pregunta que realicei durante o relatorio que fixo este Doutor en Filosofía, no Pazo de Fonseca de Compostela, o 18 de marzo, verbo do uso das redes sociais por parte dos museos, coa intención de conectar mellor co público e achegar as súas exposicións e coleccións ao pobo. A miña cuestión puxo o aceno, xa non na necesidade de pór na palestra aos museos, mais aos artistas. É dicir, como usar as redes sociais para axudar na visibilización do artista. Logo duns cantos tuits, e incapaz eu, por mor das restriccións do medio, de manter unha discusión seria sobre o asunto, a conversa rematou cunha suxestión do señor Solana: «Pues inventad algo, no?»Autorretrato, Ricardart ©. |
A demiurga
Interasado por quen ideou O Creatorio dei con Lúa Louro, que me explicaba vía email a súa procedencia e motivos de creación da devandita plataforma:
«Tras do Creatorio atópome eu, Lúa Louro, unha rapaza de 23 anos graduada en Belas Artes e cun Máster en Dirección de Arte Publicitaria. A idea de facer un lugar no que poder reunir e atopar a profesionais galegos de ámbitos dispares que traballasen coa creatividade a diario foise xestando nos meus pensamentos durante os anos de carreira. Decateime de que non era nada doado atopar a ilustradores, deseñadores, fotógrafos ou artesáns galegos sen ter que visitar milleiros de recunchos dixitais. E ese foi o principal motivo que me levou a facer o Creatorio, o directorio da Galicia creativa.»
Lúa Louro, a responsable de O Creatorio. |
«A web fíxose pública en xuño de 2013, e dende entón ata o momento a resposta por parte dos visitantes é inmellorable. A xente amosa o seu apoio dende as redes sociais e axudan a mellorar a plataforma a diario, con suxerencias e críticas moi constructivas. Con mil ideas na cabeza e poucas mans para levalas a cabo, espero poder formar nun futuro un grupo de xestión moi comprometido co proxeto e que contribúa a levalo adiante.»
Se queredes coñecer algo máis sobre Lúa Louro e o seu proxecto podedes ir á entrevista que lle realizaron en Praza Pública.
No hay comentarios:
Publicar un comentario