9.24.2014

Gabilondo: "en una inundación lo primeiro que escasea es el agua potable"

Os xornalistas Antón Losada e Iñaki Gabilondo,
no III Congreso Internacional en Com. Política, de Compostela
No Auditorio de Abanca situado na Rúa Preguntoiro, en Santiago de Compostela, realizouse o acto de inauguración do III Congreso Internacional en Comunicación Política e Estratexias de Campaña a cargo do xornalista Iñaki Gabilondo, que compartiu mesa co seu colega de profesión, Antón Losada.

A conferencia tivo como punto central a comunicación política, e o señor Gabilondo quixo trasladar a a audiencia, os seus coñecementos en referencia ao tema central deste congreso, posible grazas á Universidade de Santiago de Compostela, e o seu departamento de Ciencias Políticas, amais de a Asociación Latinoamericana de Investigadores en Campañas Electorais.

En tres xornadas, os asistentes aos relatorios do congreso e obradoiros (a conferencia de hoxe era aberta ao igual que a mesa redonda que terá mañá xoves no mesmo auditorio, ás 19:00 horas) poderán ter a oportunidade de asistir a 30 mesas e máis de 200 falantes chegados de 17 países diferentes.

Comprendido isto, e cumprida a función informativa, non podo deixar de agradecer a conversa pública que realizou hoxe Iñaki Gabilondo, na que indicou dende o meu punto de vista, catro puntos chave, moi interesantes para comprender tanto a labor dos xornalistas na comunicación política, como a comunicación política en si mesma:

1. A comunicación política é política. Cando as direccións de campañas electorais e partidos políticos fracasan na obtención dos seus estándares e obxectivos (gañar votos, confianza e poder) adoita botarlle a culpa á unha falla ou erro de comunicación. Mais segundo afirma o xornalista nado en Donostia, ambas realidades (a comunicación e a política) son un só ente cando se usan unha á outra. Polo que o fracaso na política da comunicación política, é un fracaso na política.

2. O éxito da comunicación política baséase na honestidade. Ante unha realidade en constante cambio (unha realidade líquida) na que o acceso e a comprobación das informacións veraces é cada vez máis amplo, defendeu grosso modo, Gabilondo, que non se pode emprender unha campaña de comunicación política faltando á verdade, e á ética. Poden facelo unha vez, pero como afirmou na conferencia, "la credibilidad es solvencia más tiempo". Isto tamén se aplica ao futuro dos medios de comunicación onde "la ética va ser fundamental para a supervivencia".

3. Vivimos en tempos líquidos de sobre-información. "En una inundanción lo primero que escasea es el agua potable", afirmou o señor Gabilondo, en referencia ao enorme volume de información do que dispoñemos hoxe en día grazas á Internet; xa que logo, se entendemos esta sobre-información, como un anegamento de datos, os que máis nos custa atopar son os potables, os consumibles, e polo tanto veraces. Lamentablemente a única solución que atopamos pasa pola pericia, dedicación e intelixencia do lectora ou lectora que ten que decidir en base a uns estándares aprendidos, que é certo, é que non.

4. A distancia entre os informadores e os políticos é fundamental. Outro punto que considero destacable, e sobre o que realicei unha pregunta ao finalizar a conferencia, é o da distancia que deben manter os xornalistas (non os medios como empresa, máis os traballadores da información) con respecto ao poder do que informan (neste caso falamos do poder político), para evitar, inclusive sen decatarse, pasar ao outro lado. Para o éxito da fórmula é preciso manter un equilibrio, —nin moi preto, nin moi afastado. Neste senso fixo referencia a unha metáfora de Schopenhauer, que fala de dous porcos espiño, que deben manter a distancia mínima para darse calor, pero sen ferirse coas súas púas. Cabe, ademais, salientar, que Iñaki Gabilondo, con respecto a este tema, admitiu que hai quen é quen de estar ao lado do poder sen crer ser político, mais tamén sabe doutros moitos que acabaron destruídos, por se achegar demasiado ao lume.

Isto, foi, o resumo do que considero foron os temas tratados máis relevantes da conferencia que deu comezo ao III Congreso Internacional de Comunicación Política e Campañas Electorais. Mañá terá lugar outra xornada aberta á que intentarei acudir, e falar da mesma. Por outro lado, a necesidade, a continxencia ou a entropía, quixo que inmediatamente despois da conferencia desta tarde —saínda case que correndo antes de que rematara—, tivera lugar outra, dúas rúas máis abaixo, cun comunicador de Médicos Sen Fronteiras, Javier Sancho Más, a xornalista e correspondente de guerra Ana Expósito, e o decano do Colexio Profesional de Xornalistas, Xosé Manuel Pereiro, sobre a cobertura de zonas en conflito ou crises humanitarias.

[Sobre isto último tamén realizarei un post no día de mañá.]

Boas noites e boa sorte.

224




No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...