9.14.2014

Non todo o campo é ourego, nin toda pizza é italiana

Iracundas e tremendas diatribas gañas teño de tirar pola boca, pero do respecto aos demais, temor teño, da súa covardía e tristura que non lles da máis que dores de cabeza in-fundados, des-enfundados, estúpidos e sen rigor, mais do mortis que dos víveres, que queren inxerir cada día coma se non puidesen tragar, deglutir, mastigar, e eu quedo só, eu quedo pétreo, esperando a que veña algún transeúnte e pregunte que me pasa, para dicirlle, que nada, nada de nada, que non vai resolver os problemas de ninguén preguntando, que as preguntas as leva o vento do norte, como a xenebra esa que non hai quen a beba, o xampú, a colonia, e todos os efectos persoais, comigo levo hoxe, pero non os levarei mañá, pois a rosa, a maleta, e un xardín que é un edén, como o de Nino Bravo, hai tempo que non se dan na miña horta, pero a culpa non é da chuvia, nin do sol, nin dun santo bendito, é miña, miña é da terra, que xa non ten fertilidade, pois algún rapaz de cara tapada lla roubou na noite de San Xoán, outra noite máis, outra noite máis, as cacharelas subiron ata o ceo, e non quixeron baixar, pois tiñan medo da xente que as saltaba como se fóra un xogo, pero o xogo rematou, queridos, o xogo rematou, pois no momento no que un xogo deixa de ser voluntario, libre e de comezo e final marcados polo propio xogador, deixa de seres un xogo, será o que vostedes queiran, pero non é un xogo, non xa non, acaba por ser unha obriga, e as relacións que se estabelecen entres os diferentes xogadores, sempre mudan a causa do egoísmo dun deles, a causa da estupidez dun deles, a causa da merda que botan pola boca sen ter en conta que os demais tamén estamos acostumados a deglutir, a tragar, e engulir, que non todo o campo é ourego, nin toda pizza é italiana, nin todo xeado está feito con vainilla natural de fair trade, que a salvación da nosa especie non ten nada que ver coa jalea real, nin co propóleo, nin co carbón macrobiótico, non, a salvación da nosa especie non existe porque somos nós mesmos quen a estamos a dirixir cara o apocalipse, pois se alguén foi quen de imaxinar a fin do mundo, estou de seguro de que alguén será quen de levarnos ata alí, e para iso, queridos e queridas no é preciso un Deus vingativo, nin Budas, nin Mahomas, para iso só precisamos a un home ou a unha muller anoxado con mundo, e deses hai a varrer.

212

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...