Cada venres, ás seis da tarde, emítíase no portal Campus Culturae o programa radiofónico de Culturadeseu, onde se falaba con diferentes convidados verbo da cultura galega líquida e glocal.
[Premede nos programas para escoitalos]
9º Programa: convidamos ao directores de cinema, Alfonso Zarauza, e Enrique Otero, e á xornalista e experta en comunicación online, María Yáñez, para falar sobre as novas formas de produción, distribución e exhibición que se están practicando en Galicia, sen esquecer falar sobre os endémicos problemas de financiamento do eido audiovisual galego.
8º Programa: desta quenda falamos con Adriana Páramo sobre a súa campaña de crowdfunding para gravar a curtametraxe Galicia Portobello Road, coa antóloga do Fanzine CONA, Alexandra Lores, amais de facer un apuntamento sobre os perigos do bisfenol A, e recordar as citas musicais de Crystal Fighters e Chick Corea & Stanley Clarke.
7º Programa: falamos con Rubén Domínguez, integrante do grupo musical Chicharrón, e responsable de Prenom, rescatamos a crónica do seminario "Cara a unha saída democrática da crise", e contactamos cunha das súas organizadoras, a crítica cultural Ania González, para coñecer o estado das propostas acordadas no mesmo, hai case un ano, e rematamos o espazo con How to disappear, unha canción do último LP de Soledad Vélez, Run with wolves.
6º Programa: falamos co voceiro de Ó Cultural!, Jose Ángel López Otero, do festival Vraó! de Foz, rescatamos temas como o filme de James Franco, Interior. Leather Bar, amais da procura do cinema queer galego, e rematamos cun tema do novo grupo de Rubén Domínguez, Diego Gende e Alberto Vecino, chamado Chicharrón.
5º Programa: unha campaña de crowdfunding para financiar a curtametraxe Galicia Portobello Road, dirixida e escrita por Adriana Páramo, os festivais musicais de xullo no país, a programación musical do verán da sala de música meca, Twist and Shout Club, comentada polo seu dono André Sánchez Gálvez, e un comentario a consecuencia dun texto publicado pola crítica Elena Vozmediano en El Cultural.
4º Programa: o artista dixital Horacio González e, a crítica cultural Ania González falan sobre os seus proxectos individuais e colectivos arredor da creación cultural contemporánea. Entre eles atópanse o grupo fundado por Horacio González, Juan Gil e Ariel Ninas, Ulobit —que aparece no vídeo de FAC OFF—, a revista Plétora —co-dirixida por Ania González e María Marco—, ou a recente edición por parte de Baleiro Lab do segundo volume sobre Canles Alernativas de Creación, do cal, parte, podemos consultar en Lysis und Kritik. Isto e máis, no cuarto programa radiofónico de Culturadeseu.
3º Programa: desta quenda toca falar sobre as novas formas de facer xornalismo que se veñen dando durante o comezo deste milenio, amais de comentar a xestión da crise do Concello de Compostela realizada pola dirección do PPdeG. Para falar de todo isto contamos co xornalista político de La Voz de Galicia, Domingos Sampedro, o director de Praza, David Lombao, o director do Galicia Confidencial, Xurxo Salgado, e o coordinador da revista Luzes e membro da diretiva de Galiza Ano Cero, Iago Martínez.
2º Programa: profesor de Tecnoloxía, licenciado en Física, coleccionista de cómics, DJ, e etc, Roberto Noya do Pazo estivo no estudio para falarnos da XXVII Semana Negra de Xixón, da Romaría Pop 2014, o seu paso polo NOS Primavera Sound e todo o que xurda nos 45 minutos de programa.
1º Programa: Lúa Gándara é convidada a falar sobre as súas formacións musicais (La Bambola Malata, La Dolorosa Compañía) e a súa óbra pictórica, e o artista José Luis Seara coméntannos parte da súa traxectoria, e a obra Night in my garden, producida no 2010 en Nueva Delhi, e exposta no CGAC. Escoitamos o último de Caxade e de Das Kapital, finalistas nos Premios de la Música Independiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario