8.28.2014

O homosexual na pantalla (I)

O terceiro ano da carreira de xornalismo paseino en Inglaterra; unha bolsa Erasmus permitiume estudar na Southampton Solent University e durante este tempo tiven a oportunidade de realizar varios ensaios sobre xornalismo, publicidade, guión e tamén sobre o cinema. Unha das investigacións tivo como foco a representación do home homosexual na pantalla; atopeime cos documentos escritos en inglés, e dada a súa pertinencia, decidín traducilos e re-escribilos para a súa publicación on-line en diferentes capítulos. 

A construción de estereotipos: mass media e establishment

A construción de estereotipos é un mecanismo usado polo ser humano para organizar e dar forma ao mundo que o rodea. Cada persoa é perfectamente identificada, inclusive aqueles non-clasificados carrexan o “stigma” do inclasificado. Se a memoria non me falla, de acordo con Aristóteles o home é eminentemente ‘zoon politikon’, é dicir, un animal social, que precisa vivir dentro dunha sociedade. A construción de estereotipos procede da interrelación entre persoas. En consecuencia, a creación de estereotipos, ou “categorías sociais”, é practicamente inherente ao ser humano, que vive dentro dunha sociedade. Se tomamos estas afirmacións como verdades, ou posibles certezas, tamén consensuaremos que as categorías non son negativas por si mesmas.  Os estereotipos son susceptibles de ser usados para fins negativos e prexudiciais. Aquí atoparemos aos media e a o establishment como creadores de significados, codificadores de estereotipos ou axentes de significación.

Por un lado, se pensamos nos medios de comunicación, sempre existen empresas patrocinadoras que os financian, editores e propietarios que precisan definir o mercado. Sempre se encargan de atopar o perfecto target para os seus produtos e teñen un gran interese en ter definido e etiquetado cada grupúsculo de potenciais consumidores.

O que pretendo facer neste ensaio e realizar un esbozo de como se representa ao home homosexual nos media e como aquelo que sae do normal, o deviant, é tratado por estes medios. Os media serven tanto como axentes de significación primaria, xerando descricións e explicacións de si mesmos, como de axentes de significación secundaria, apoiando e amplificando discursos provintes doutros axentes (políticos, sindicatos...).  Mediante esta función secundaria —e gracias á calidade dos media de “testemuña acreditada”, ás limitacións no accesos ás tribunas e axendas mediáticas e ás nocións de valor noticia— prensa, radio e televisión reproducen unha estrutura de dominación e subordinación dentro do discurso público, ou opinión pública.

Sobre todo, os media teñen poder para dar forma e definir a realidade política, en especial naquelas situacións que non son familiares para a audiencia, problemáticas, ameazadoras ou:
«Onde non hai "coñecemento tradicional" nin redes firmes ou influencia persoal, nin cultura cohesiva, nin precedentes para accións ou respotas relevantes, e non hai unha forma de comprobar ou valorar en primeira persoa as proposicións que están á nosa disposición, para facer fronte ou modificar o seu poder innovador.»
(Hall, S., 1993, Deviance, Politics, and the Media, in: The Lesbian and Gay Studies Reader)
[...]

195

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...