5.25.2014

Un cento de artigos

O trece de febreiro propúxenme escribir un artigo cada día, durante un ano  —o que se deu en chamar 365 días, 365 posts. A pesares de me arriscar a escribir unha importante cantidade de textos sen sentido (broza), demasiado longos, breves, crípticos ou explícitos, chegamos hoxe ao día cen, e ao artigo número 100, na xornada electoral ao European Parliament e logo de que o Real Madrid gañase a décima copa (de non sei de que, e tampouco me importa).


Ao longo de máis de tres meses publiquei maioritariamente crónicas e artigos de opinión que intentaron abranguer todos aqueles temas que me resultaban interesantes, e dos que consideraba, pagaba a pena falar, reflexionar e incitar ao debate. 

Quero a todos os textos por igual, pero algúns, fora polo que fora, tiveron máis visitas ca outros, o que, en principio, quere dicir, que foron máis lidos ca o resto (ou, iso espero). Xa que estamos en domingo, e isto das listaxes e ránkings é algo moi propio dos días nos que non queremos esforzar moito o cerebro, aquí van os 10 artigos máis populares (nada que ver co PP) dos últimos cen, cunha breve descrición ao lado:

O do Gaiás é unha teima persoal, pero tamén para moitas das persoas relacionadas coa creación e xestión cultural en Galicia. O anuncio da exposición Auga doce, valeume para escribires un fragmento satírico que tivo moi boa acollida nas redes sociais. Moito nos gusta falar mal, aínda que só o fagamos nos bares. 

Unha fantástica idea de dúas psicólogas, Ana Seijo e Sandra Martínez, e dúas realizadoras audiovisuais, Sabela Pernas e Adriana Pérez, que xuntaron forzas para levar a cabo un diálogo audiovisual entre os novos emigrantes a Alemaña, e os xa retornados galegos e galegas. 

A maioría dos días un non sabe de que vai a acabar escribindo, máis unha case mañá (eran preto das doce do mediodía) esperteime cunha pregunta en mente, a cal da título ao terceiro artigo máis lido, polo momento. Amais deu lugar a unha serie de textos, que seguen na procura do cinema queer galego. 

Lembran cando cancelaron todos os concertos na zona vella de Compostela debido a que non se asinara un convenio entre o concello e os asociados hostaleiros da Cidade Vella? Pois senón o lembran, ou queren non esquecelo, xa saben onde teñen que clicar (no título!).

Paro, precariedade, abuso laboral, servilismo, caciquismo, clientelismo, favoritismo, corrupción, fraude, roubos, preferentes, desigualdade, homofobia, racismo, sexismo, patriarcalismo, ignorancia, lacazanería, preguiza, banalización, televisión, Mediaset... Todo, xunto, provoca este tipo de explosión en forma de artigo de opinión. 

Fantástica iniciativa dunha estudante de Belas Artes de Pontevedra que considerou necesario crear unha web onde xuntar aos creadores galegos e galegas; un punto de encontro que pretende xerar sinerxías positivas entre os diferentes artistas (nada de ligar, para iso xa están o resto de redes a-sociais).

Comezar a explicar cal é o sentido do programa de mecenado da Catedral de Santiago, e acabar coa sorpresa de que o orzamento preciso para restaurar a fachada do Obradoiro (1,7 millóns) foi a suma —en euros e en efectivo—que atoparon na casa do ladrón do Códice Calixtino. Coincidencia? Ironía? Xustiza? Quen sabe. 

Logo de traballar na organización dos premios María Casares deste ano, na cidade da Torre de Hércules, escribín esta pequena reflexión sobre a actual situación dos traballadores do espazo catártico por antonomasia: o teatro. 

O meu bo amigo e artista José Luis Seara, trasládame vía telefónica o que está ocorren na República das Artes, edificio sitio en Vilanova de Cerveira, onde o importante é que a arte e a súa difusión non morran. Un refuxio, aquí ao lado, no país veciño. 

E por último, pero non menos interesante, un artigo de opinión verbo de todos aqueles homes que manexan os fíos en cadanseu ámbito coma quen está a podar un bonsai; moitas veces sen moita idea de botánica. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...