5.09.2014

A nosa adicción á pantalla

084
Un grupo de nenos e nenas estadounidenses son levados durante unha fin de semana a un campamento especial, onde, con sorte, os tratarán dunha grave adicción da que adoecen dende que teñen memoria. Esta adicción, da que todos somos espectadores e enfermos, non é outra que a terríbel adicción ás pantallas.

Por estúpido que puidese parecer nas polgadas da televisión que un grupo de rapaces tivese que formar parte dunha excursión sandadora, o certo é que pasamos a maior parte do noso día mirando unha pantalla; xa sexa esta o do móbil, a do ordenador (portátil ou non), a da televisión, a do tableta dixital, videoconsola, proxector... Nalgúns casos precisamos contestar un e-mail de traballo... na maioría acendemos o dispositivo en cuestión para botarlle un ollo ao Facebook, ao Twitter, ao Tumblr, ao Linkedin, ou á cona bendita. Convértese nun hábito, e como o que fuma sen ter gañas mentres espera polo tren; perdemos a nosa mirada nun universo tan reducido como amplo (é como a Tardis do Doctor Who, is bigger on the inside). Hai moitos anos que nos acostumaron a chegar á casa e prender a televisión como acto reflexo; a pesares de que non a esteamos nin a ver, chegamos, dámoslle ao maldito botón de power, sentámonos (ás veces) no sofá mentres buscamos trivialidades na Internet dende o noso laptop e consultamos de vez en cando o noso smartphone. E así pasamos a horas, facendo nada coma quen fai moito.

Temos unha adicción á pantalla; e quizais deberiamos ir todos a un campamento de verán, como os que fan para as crianças preto da praia d'A Lanzada. Neses onde aprenden a facer lume, e a interactuar coa natureza. Eu de momento non podo, que senón a ver como fago para actualizar o blogue todos os días.

Supoño que o reto de publicares todos os días ata febreiro é como que che regalen tabaco para una no enteiro, cun Zippo e unha boa cigarreira. Son adicións á adicción, que permiten mantela no tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...