082
Camiñaba con sol, fame a poucas horas de sono, preto da Facultade de Historia, cando, chegou, coma sempre, sen avisar, e de súpeto, a inspiración; quen sen mediar previa palabra me cantou:
Ou terríbel ostentación!
sustentada polos ombreiros
da xente do común.
Ou imposíbel retórica dos
que innovan arroupados
polos cartos dos
que nin
querer ver,
queren.
Pobres!
os pobres,
incapaces de se arredar
da miseria
por mor dos
que dende arriba os
empurran cara
ela.
Ricos, os solombos
que gozan os ricos
en comidas de corte
real;
en salóns medievais
de monicreques
con garabata.
Infortunio insalvábel
e desgraza inxusta
para os que deciden quedar
á marxe da industria
do beneficio
infinito.
Opacas, as lentes
dos cegos,
que non ven
a quen pisan
no seu camiño
a autodestrución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario