080
Xa non é a primeira vez que falo de cando lin o Elogio de la locura de Erasmo de Rotterdam, cando contaba con pouco máis de dezasete anos. De como me afectou sen eu sabelo.En moitas ocasións me teño preguntado se aos que nos consideran tolos, non somos realmente aqueles que se adaptan a unha norma, por pequena e outsider que sexa a mesma.
Cansado de escoitar loas, un sempre se pregunta se o mundo non vai estar realmente rexido polos que só ven por un ollo nun esquelete de granito engarzado. De si non sería máis produtivo mental e económicamente, unirse os choscos, non mirar as sinais da estrada, e tirar para adiante, sen máis.
Se de cando falou Zaratustra todo era tan diferente, agora, que, quen fala en todas as casas, non ten nada que ver coa filosofía e o pensamento, non sería mellor tirar todas as toallas, almofadas e manteis, e vivir como a Bartola, e facer que o paso do tempo fose cada vez menos ferinte a base de viño tinto e licor café.
Se hai quen acabou por falar cos cabalos, ou de quen vive entre cabuxas sen adoecer da angustia existencial, quizais todos esteamos errados e debíamos comezar a mirar para o chan, comer hamburguesas e tirar o plástico nas cunetas.
Se escoitar a Chet Baker, mentres escribo todo isto ten algo de senso, ou se so é froito da miña estupidez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario