092
«Ninguén está disposto a pagar unha esquela en internet. Haiche moito pirata. Poden descargar o teu defunto e meterse outro no sitio.
A rede social do camposanto convoca sen discriminar vivos e mortos, esquerdas e dereitas, turcos deportivistas e portuguesas celtistas, crisitiáns e pagáns, falantes, neofalantes e nembargantes. É un intre de unión onde se encontran e cruzan a 'infinda imposibilidade'. E a xente anda cavilosa, a pensar, mesmo anda triste, como Hamlet co seu ser e non ser, sen importarlle resultar aburrida.»
Manuel Rivas, Luzes, Marzo 2014.Queda por pensar na persistencia da existencia no mundo virtual, dos que se van do mundo físico. O uso da mención de persoas mortas nas redes sociais actúa como catarse, como parte do duelo, como apariencia societal, ou como sentimento morboso? No reino da distopía que domina parte das actuais series e películas de ciencia ficción, o intento por impedir o final da vida adopta innovadoras e creativas formas, e acaba por obrigar aos seus protagonistas a dixerir difíciles pensamentos e sentimentos que difuminan as barreiras entre o real, o artificial e o imaxinado.
Son estes métodos do futuro (que xa está aquí) beneficiosos ou complican o deixar que se vaian, evitando que sigamos adiante?
No hay comentarios:
Publicar un comentario