5.31.2014

A desafección cara o xornalismo

106
Non é, de seguro, a primeira vez que escoitan falar do grao de desafección da poboación, cara os políticos. Numerosas empresas adican por encargo, horas, á realización de enquisas, en base as que se proxectan números estatísticos, sobre cales son as preocupacións principais dos cidadáns motivo e obxecto das súas preguntas. 

Todo sabemos, ou podemos dar unha listaxe de temas dos que nos podemos sentir preocupados. Do que obviamente non se fala durante os telexornais, nos xornais, na Internet, e nas radios, é da paulatina desafección que existen dentro da opinión pública cara o xornalismo. Non son datos fiables, pois só me baseo na miña experiencia, e as persoas coas que falo (que, ao cabo da semana, son bastantes, se temos en conta a interacción non persoal, cara a cara); o traballo xornalístico está, dentro das empresas xornaleiras, a amosar a súa cara máis sensacionalista e tabloidista. As figuras das conversas de serán que anegan as salas de estar de moitos televidentes, advocan de cando en cando ser parte do xornalismo. As figuras recoñecidas como expertos en materias, convertidas en celebrities, acaban por causar un sentimento de esgotamento, entre a audiencia, que os ve como mestres de todo e coñecedores de nada.

Precisamos tamén un cambio no modelo xornalístico? É posible ese cambio? Rachar co monopolio de catro empresas que actúan coma as tribunas indeclaradas dos poderosos e os poderes? Como falar da crise do xornalismo que actúa como vixía do establishment se o propio establishment é o posuidor dos medios xornalísticos? Como falar da precaria situación dos traballadores e xestores da informacion, se a autocensura, e a censura inculcada, fai estragos nas filas dos que comunican cada día o que, presuntamente, está a ocorrer no mundo?

O cambio do modelo de comunicación, supoño, virá determinado polas novas tecnoloxías. Pero, e si acaban tamén por dominar as novas vías de intercambio de datos? E, se as dominan xa? 

Ao final acabaremos por desconfiar da nosa propia sombra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...