5.08.2014

Dobrar ou no dobrar

085
É necesaria a dobraxe das películas? É mellor unha película en versión orixinal? Debemos deixar de dobrar as películas para poder aprender mellor as pronunciacións dos idiomas? Debemos manter a dobraxe en Galicia para non ter que botar á rúa e quitar traballo a moitas persoas que gañan cartos grazas á dobraxe? Quita a dobraxe, boa ou mala, forza á interpretación? Podemos seguir a entender o cinema en Galicia e en España sen a dobraxe? Temos bos actores e actrices de dobraxe? Podemos atender á sucesión de imaxes e detalles nun filme se estamos atentos á lectura dos subtítulos en lugar de estar a mirar para as personaxes, diálogos, escenarios e escenas? Quen está detrás dos subtítulos? Quen son eses seres que adican as súas horas libres a traducir e sincronizar películas, series e documentais, semana tras semana? Eses dos que precisamos cada vez que nos descargamos a última película de Chan Wook Park. Debería estar isto prohibido ou regulado? É a descarga de subtítulos ou a factura dos mesmos, ilegal ou amoral? Vai a Internet facer desaparecer a industria cinematográfica? Ou é a Internet a maior ameaza que existe para o aparello de propaganda cultural estadounidense, dende que comezou a súa empresa logo de rematar a Segunda Guerra Mundial? Queren, entón, convencer á opinión pública de que as novas vías de comunicación son perniciosas para a creación, cando de verdade é que están asustados por perder o control dos medios de produción?

Quizais o que menos lles interese aos grupúsculos de poder é que nos preguntemos cousas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...