093
Unha colega, psicóloga deportiva, a piques de presentar a súa tese na materia, comentábame hai non moito tempo, que o do coaching non era ningunha novidade, a pesares de que a queren vender como a panacea que sandará os nosos trastornos e patoloxías psicolóxicas de estima, control e autocontrol. É unha parte da psicoloxía, que agora actúa por libre, ás veces manexada por capitáns inexpertos, nunha especie de spin-off á americana.
— Queres coñecerte? Si, grazas. Ola, eu, que tal? Eu, encantado.
— Desexas ser a túa mellor versión? Si, estou a descargar a última, aínda que é BETA.
— Es o dono da túa vida? Non, ese tipo de concepcións neoliberais non entran na miña forma de ver a vida.
— Que che impide pasar á acción? E logo? Hai lume nalgún lado? Ou é que xa estamos gravando?
— Sabes xestionar o estres? Eu non, pero Suso o do Dezaseis ten un tinto de Toro e unhas tortillas estupendas para iso. Unha boa conversa e listo.
Eu, se vos, queredes ir, ide. Agora, ao resto, véxovos nos bares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario