5.12.2014

Maenza: "No podemos"

087
Atopei hai unhas semanas un pedazo de filme rodado nos setenta, cun forte contido reivindicativo, onírico (por querer soñar) e artístico. A descrición do lugar onde puiden ver Orfeo filmado en el campo de batalla (1969), reza:
«En diciembre de 1968 participé en la película Orfeo filmado en el campo de batalla, planteada inicialmente como una obra colectiva, cine sin autor, pero cuya autoría acabó atribuida a Antonio Maenza, aunque se suponía que sólo desempeñaba el papel de director. La película, que nunca se sonorizó, se proyectó en varias ocasiones con una banda sonora realizada en directo que contenía un texto leído a tres voces y varias piezas musicales, entre las que estaban la bajada a los infiernos de la ópera L’Orfeo de Monteverdi, en la versión de Edward H. Tarr de 1968 publicada por Erato, “New York 1963 - America 1968”, del "Every one of us" de Eric Burdon and The Animals, y “The Return of the Son of the Monster Magnet” del Freak Out de The Mothers of Invention. Tras el estado de excepción de enero de 1969, rodamos un epílogo, que nunca llegamos a montar.»

O director Maenza Blasco (Cella 1948, Zaragoza 1979) era autodidacta e parte da vangarda dos cineastas que cohabitaban en España co réxime franquista. Non tivo moito tempo para poder facer e desfacer ao seu gusto, pois aos poucos anos de morrer o caudillo, tamén se foi el, cando só contaba con trinta, e, un, primaveras; supostamente suicidouse mentres estaba nun psiquiátrico, e nunca foi quen de se afacer a ningunha das cidades que visitou.

Segundo a Enciclopedia Aragonesa, grazas a unha subvención da Universidade de Zaragoza, consegue rodar unha película underground denominada El lobby contra el cordero, onde en catro horas se tratan os complexos da autoridade paterna, sociais e políticos, "coa incorporación masiva de símbolos non demasiado ben asimilados polo autor, que teñen moito que ver co surrealismo de Buñuel", mediante o uso de "documentais incorporados, escritos sobre o celuloide, retazos-detritus de filmes comercias procesados e pintados a man", nunha ficción caótica e pop, e nun intento por colmar os desexos "epatantes" do director novel.

En Orfeo filmado en el campo de batalla podemos ver intervencións artísticas realizadas a carón de homes e mulleres traballando a terra na contorna rural dalgunha vila daquela España que viviu Maenza; amais de imaxes dunha cidade, que semellar, semellan só querer captar o ir e vir da xente da época, sen maior pretensión que ser antecedente ás escenas posteriores, que rematan a cinta, onde dous homes e unha muller xogan espidos a quererse, mentres fuman, beben, e escriben mensaxes contra o sistema opresor que os rodea. Unha delas, na que queiman un pequeno autocar, berra, dende a madeira, NO PODEMOS.

É unha pena que non atopase unha ligazón directa á gravación, pero sempre me podedes enviar un correo electrónico por se o voso desexo de velas, é tan grande, que non atura un Non se atopa por resposta. De todos modos, no vídeo que segue podedes ver algunhas tomas da película en cuestión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...