077
Eventos organizados co patrocinio da facenda pública, soportados por empregados de soldo escuro, horas interminables, e precariedade como sobremesa das comidas. Partidos políticos que basean a súa comunicación no traballo irremunerado duns cantos militantes e os seus achegados. Concesións de concellos monopolíticas, tinguidas de irregularidades, opacidades e clientelismos forxados nos baños dos bares empedrados da capital galega. A prole dos caciques que vive á marxe da realidade, mentres gastan os cartos verquidos dende as fontes das prazas comúns. Os presidentes que esnaquizan fotografías empolicados no seu despotismo. Os xornalistas que non pode exercer a súa profesión, por non querer arredarse da súas conviccións éticas. Estúpidos anuncios de gafas e hamburguesas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario