5.15.2014

Raras coincidencias en Juba

090
Juba é a capital de Sudán do Sur, e ten unha poboación estimada de 300.000 habitantes. O país vive ao lado da República Centroafricana. Ata hai dous día nunca escoitara ou lera deste lugar. Curiosamente, para cando estaba a ler cales foran os últimos lugares nos que estivera a traballar a fotoxornalista Camille Lepage, xurdiu o nome de Juba. Parei de ler por un segundo, coma cando un ve ao mesmo gato, no mesmo lugar, no mesmo momento, nun déjà vu. Pensei, e decateime de que ese mesmo día comezara a ler unha reportaxe na última entrega da Mother Jones, verbo dun americano de relixión musulmana que fóra detido por supostas conexións con Al-Qaeda, que se demostraron falsas, pero que a insistencia do FBI de que traballase este home para eles, e ante a negativa do mesmo, lle destrozara os últimos cinco anos de vida, a el e á súa familia; e parte do sucedido tivera lugar en, Juba.

A historia podedes lela en inglés aquí: Mother Jones.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...