5.16.2014

Para Elisa, Toti

091
«O home debería ser plenamente consciente de que do cerebro e só del proceden os nosos sentimentos de ledicia, pracer, riso, asi como a pena, a dor, aflición e as bágoas. Pensamos co cerebro e grazas a el podemos ver e ouvir e somos capaces de establecer a diferenza entre a fealdade e beleza, malo e bo, e entre o que é agradábel e é desagradábel»
A cita é de Hipócrates de Cos, vén de lonxe, do século IV antes de Cristo; tireina dun manual da UNED, de Psicobioloxía, do primeiro ano de Psicoloxía. Aínda que el que non quere que fale del —non o manual ou Hipócrates, un terceiro, o meu mozo—, é o libro que tivo que mercar, (el, o meu mozo) xa que por se fóra pouco o que fai, dálle por querer estudar nas horas das que nin sequera dispón por ter que me aturar a min na casa as fins de semana, e o traballo inabotábel e esgotador de toda a semana —mentres eu, como di el por me fastidiar samente, estou en Compostela, de bares, de troula coa farándula, de martes a venres—.

Xa imos para case dez anos deste matrimonio non oficial ao que lle chaman noivado. A el lle estou a dar os meus mellores anos —aínda que non sempre os meus mellores días—, e a cambio el dame os seus. 

Agora, está a facer de cear, a pesares de que por procastinar a cociña dos alimentos, xa pouco queda do fantástico viño que mercou para esta noite.

Como lle adico moitas horas a escribires, quero lle mandar a el este artigo, que dos 141 que levo (91 dentro do Reto dos 365 días) ningún llo asinei para el, cando é un dos motivos polos que Culturadeseu, existe; pola súa teima por me facer, facer, o que máis facer, me gusta. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...