5.01.2014

Out of order (IV)

076
Fóra de servizo, fóra da orde, fóra da verea, fóra do camiño, fóra da casa, fóra da cotización, fóra da praza, fóra da aldea, fóra do común, fóra do sexo, fóra do sexismo e da irracionalidade.
De cando o camelo pasou a ser león, e logo neno. Do neno que xoga ao baloncesto arengado por unha turba de infelices. Dos infelices que teñen nenos e os converten en motivo da súa infelicidade. Da infelicidade que nunca puido deixar atrás a súa terrible carga. Da carga fatal coa que todos temos que camiñar. Do camiñar só por non deixar de andar. De andar entre sombras de fume verde que non nos queren deixar respirar. De respirar osíxeno nun hotel de Las Vegas. De Las Vegas que van construír en Barcelona sen ignominia. Da ignominia á que se deberían afrontar os responsables das preferentes. Das preferentes que nunca se pagarán. De non nos pagarán o que nos roubaron, rouban e roubarán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...