105
Na noite das eleccións europeas, a edición especial do telexornal, informaba sobre os resultados dos comicios, falando de Podemos como un partido de extrema esquerda antisistema. Isto vén, ao parecer, determinado polas súas ideas respecto do modelo enerxético, pois no seu programa electoral avogan polo peche programado das minas de carbón e gas, nunha paulatina evolución cara as enerxías renovables, amais de prohibir o fracking (proceso no que se introduce líquido a moi altas presións na terra para abrir pola forza fisuras das que obter petróleo ou gas), unha moratoria da débeda pública, o aborto libre no sistema público sanitario, unha educación laica... Por máis que lea non vexo unha intención terríbel de acabar co sistema, mais de transformalo de acordo a unhas ideas, para nada (dende o meu punto de vista) afastadas da realidade.Logo temos ao Partido Popular, que é parte do sistema, pero semella que está a facer o posíbel por acabar con el. Ou, con eles. Erosionan o sistema público de sanidade, o sistema público de educación, o sistema público de pensións, prestacións por desemprego... Logo quen son antisistema?
Fragmento tirado das bases da FE-Jons. |
Por último, estiven as voltas cos orzamentos xerais de Galicia deste ano, e dos anteriores. Cando non sei moi ben de que falar, vou ao DOG e miro como vai o investimento en Cultura (que segue en descenso, e pasou de 147 millóns no 2008, aos 61 deste ano) ou como se reparten o pastel entre as diferentes axencias da Xunta. Nesta lectura vespertina, chamoume a atención o alto nivel de endebedamento público no que estamos aquí: se o ano pasado debiamos 1.110.857.232 millóns de euros, agora dobramos esa cifra (debido ás presións exercidas polos mercados financeiros, a insostible situación económica, a falta de acordo coa administración central, etc....) e xa estamos nos 2.071.115.131 millóns de euros, o que supón (aprox.) a quinta parte do orzamento total, 10.281.347.155.
O que significa que debemos 20 de cada 100 euros que producimos; logo non é de estrañar que haxa quen queira acabar co sistema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario