079
Como seguidor de numerosas series americanas e inglesas un pregúntase cando empezaremos no noso país a nos rir de nos mesmos e a comezar a introducir no imaxinario colectivo realidades como a de persoas que teñen a pel doutra cor (raza soa tremendamente racista) ou a persoas non determinadas pola sexualidade normativa na sociedade.Envexo a capacidade que lles outorgan aos grandes produtores do país das oportunidades por autonomasia de dicir o que lles pete, mentres, teñan, iso si, unha boa cuota de pantalla.
Moito nos queda por andar, e nin Beiras, nin Bascuas, nin Jorquera, nin Feijóo, se poden imaxinar como estaremos dentro de vinte ou trinta anos. Será una alivio, será un desacougo, pero é unha realidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario