5.14.2014

In memoriam

089
Onte enteireme dunha desgraza. Desas que un non espera cando está mirando o Facebook por distracción no móbil.

Mataron na República Centroafricana, a Camille Lepage, unha fotoxornalista que comezaba a súa carreira con valentía. Era unha ex-compañeira de carreira. Con ela compartín máis dun traballo e unha cervexa cando estudaba en Southampton, e a súa morte é tremendamente tráxica.

Moitos colegas de diferentes medios e partes do mundo lle adicaron hoxe artigos, falando da súa valentía, do seu coraxe e entrega ao xornalismo; da súa ansia por querer falar dunha terrible realidade da que poucos dan conta. Era un terreo perigoso; non saben se é que se viu no medio dun tiroteo, ou se a asasinaron. Pero agora, tanto ten. François Hollande dixo que ía chegar ata o fondo do asunto, pero dificilmente se fará xustiza.

Cando sei da morte dun xornalista (en calquera das súas manifestacións) entristézome, pero cando morre unha persoa coñecida, da que recordas a voz e o carácter, con tan só 26 anos (coma min) fotoxornalista e con ilusión pola súa profesión, un sinte impotencia, rabia e a sensación de que ao final todo é fatalmente efémero.

Camille Lepage, Damara, 21 Feb. 2014 - Fred Dufour/Agence France-Press |Getty Images 



No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...