5.11.2014

O home barbudo de Eurovisión

086
Moitos comentarios se escoitaron ante os descoñecedores do onte gañador de Eurovisión, Conchita, que miraron pasmados e pasmadas como levaba o primeiro posto un home vestido de muller e con barba.

Sobra dicir que, como introducido que son na teoría queer que desbota o xénero como o entendemos dentro da nosa cultura europea e occidental, falar dun varón vestido de fémina non significa  máis que pór unha construción falaz (unha ficción política) ao carón doutra, nunha sorte de discurso simplista e directo. Sobra tamén dicir que a elección deste cantante non me sorprendeu, se ben unha gran parte do público deste certame de música é do que denominamos homosexual. E se ben existe a opinión de que as votacións son puramente políticas, neste caso, amais de que a canción gañadora tampouco era tan mala (o que non infire a súa bondade) compre quizais pensar que se trata dunha elección dos desviados da norma que viven en Europa e na súa contorna (as bandeiras do arco da bella estaban en primeira liña no público).

Sen querer entrar en maiores valoracións, e sen querer citar expresións  que todos nos podemos imaxinar, se algo de bo tivo a elección deste "home con barba vestido de muller" como gañadxr de Eurovisión, é que en millóns de fogares foi protagonista a transgresión das formas establecidades da conducta de xénero. E que para a próxima vez, o paisano de turno que berrra ante a pantalla "que carallo é eso?", xa non terá a impresión de ter visto un can verde. Ou vai a tela, pero, quizais, a base de mostrarlle cans de moitas cores, deixe de velos como abominacións, e en consecuencia, rompa coa transmisión das súas fobias aos que lle rodean. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...