5.06.2014

Ata as pelotas

081
Cando foi a última vez que falou vostede con alguén que estaba canso do seu traballo? Ou que estaba canso do non ter un traballo? Que lle dixo que estaba ata as pelotas? Xa sei, non hai moito. Seguramente, vostede mesmo está ata as pelotas de ter que aturar a persoas no seu traballo que cobran a mesma miseria que vostede, pero facendo a metade do traballo. Seguramente non atura ao seu xefe ou xefa e considera que está a perder o tempo, estea onde estea; que hai persoas que están (aparentemente) mellor que vostede, a pesares de estar na mesma situación; que non rañan bola, que non se molestan por facer as cousas o mellor posíbel, pero, coidado, aí están, sen mover un dedo.

Estou seguro de que moitos están ata as pelotas de todos estes seres que parecen vir noutra xerarquía, que cobran soldos que lles custarían a vostedes unha vida de traballo abnegado. Que parecen vivir onde todos queriamos estar.

E así pasamos os días, soñando con ser, con estar con, e con vivir como.

Xa non sei nin como nos mantemos cordos ante tanta inxustiza.

Será a cervexa e o viño nos que afogamos as desgrazas logo de cada xornada (in)laboral.

Ás veces penso que todo está tan tinguido de merda, que non a limpamos, pola preguiza que nos da.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...