4.22.2014

Sempre nos quedará Portugal!

067
En Vilanova de Cerveira, ao outro lado do río Miño, alí onde falan en portugués, atópase a República das Artes. Un grupo de artistas asociados mantén este edificio aberto, cedido polo concello, coa idea de que nunca estea baleiro, e de que o contido que encha cada galería sexa a proposta dun dos socios, que teña coherencia de por si, e serva para evitar a decadencia da creación artística.

Do proxecto souben grazas a José Luis Seara, quen non precisa presentación —pois é un artista de ampla traxectoria—, e que participa deste grupo de exposición e exhibición dende o verán pasado. Conversábamos onte por teléfono, e comentábame que precisaban que fora algo "vivo e con entidade, cunha base orixinalmente non comercial, mais artística".

Até o 19 abril cada sala estivo ocupada por un ou varios creadores, en particular na denominada Galería Cortiço estivo o galego Diego Vites con Erva Ruim. 

S/T e Agui de Diego Vites, na Galería Cortiço, dentro da exposición Erva Ruim.

A República das Artes é un intento de supervivencia nunha época na que non escatiman en gastos na construción de parques infantís, pero onde os traballadorxs da creación, creativos e artísticos, vense constantemente infravalorados e obrigados a xustificar a súa labor, inclusive en ocasións na que son contratados para a realización da mesma. Logo sempre hai cartos para unha parte, a que está máis preto da billa, pero aos que estamos abaixo da pirámide, nin nos chegan unhas pingas de chuvia.

Neste caso en particular, o concello de Vilanova de Cerveira colabora cos artistas. O cal debería ser unha normalidade, en lugar dunha excepción. Lembro que cando comecei a facer a miña cama, e llo dicía á miña nai na procura dun agasallo, ela non o tomaba como unha anormalidade, —unha boa acción da miña parte— e sempre me dicía "e que é o que tes que faser",  pois a inversión en cultural, igual.

Captura de pantalla de Jazz on bones, de Eupalinos Ugajin. 

Vindeira inauguración
Se tedes a oportunidade de visitar Portugal esta fin de semana, achegarvos até este edificio que a partires do 26, sábado, se volve encher de vida até o 31 de maio. Os artistas convidados desta vez e a súa distribución nos diferentes espazos de exhibición da República son: Johanna Speidel (en Por Amor à Arte Galeria), Ângela Vieira con Ser Serrano (en Bairro dos Livros), Renata Carneiro (na Galeria Cortiço), Balbina Mendes (na Galeria Cervo), Nazaré Álvares (na Galeria Rectángulo de Ouro) e Eupalinos Ugajin (na Galeria Projecto).

Se clicades nos nomes podedes ir ás súas páxinas persoas; botádelle un ollo ao vídeo de Eupalinos Ugajin.

3 comentarios:

  1. Muito bom, gostei muito!

    ResponderEliminar
  2. É por momentos como este, que o Amôr é tão natural entre o NOSSO POVO (galaico/Portucalense)
    O Norte de Portugal e a Galiza....são UNOS !
    Com amizade...do Porto.
    Francisco da Cunha Coutinho

    ResponderEliminar



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...