
Por outro lado rescatamos dous temas dos publicados neste blogue, como son a cinta gravada polo actor e director norteamericano, James Franco, chamada Interior. Leather Bar, a da súa intención por pór na palestra a estigmatización do sexo na pantalla, mentres a extrema violencia forma da grella de calquera televisión; e a miña busca persoal do cinema queer galego nas dúas (polo momento) entregas tituladas U-lo cinema queer galego?.
Para rematar ímonos cunha canción do grupo musical galego de recente creación, Chicharrón, composto por: na voz e na guitarra Alberto M. Vecino (Franc3s), Diego "Chape" Gende (Lowcost) á guitarra e o baixo, e Rubén Domínguez (Telephones Rouges) nos coros, piano e teclado, que leva varios días a soar no Disco Grande, e que estará o sábado 19 deste mes no Twist and Shout Club de O Grove, na Festa Prenom, xunto con Ataque Escampe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario