7.25.2014

Oitavo programa

161
Desta quenda, e ata setembro, o oitavo programa de radio de Culturadeseu, gravado nos estudios da Facultade de Ciencias da Comunicación, en colaboración co Campus Culturae, falamos coa directora e guionista, Adriana Páramo Pérez, sobre a finalización con éxito da súa campaña de crowdfunding en Verkami, para recadar cartos e poder filmar a súa curtametraxe Galicia Portobello Road en Londres; por outra banda, conectamos vía telefónica con Alexandra Lores responsable da edición do fanzine CONA, para falares desta publicación de carácter feminista, maquetada por Prenom, escrita en galego, e que vai pola súa primeira edición, e parte de cuxo manifesto reza:
«A cultura galega está moi viva, ben o sabedes, pero tamén bastante restrinxida. A nós parécenos que isto do enxebrismo e o rexurdimento das nosas tradicións está moi ben, pero teremos que seguir expandídoa a outros rexistros e xéneros, non? Por iso lanzamos o fanzine CONA: para que as creacións actuais das rapazas e mulleres galegas teñan unha plataforma na que se soster, polo menos ó comezo.»

Tamén escoitamos a Crystal Fighters, e a Chick Corea & Hiromi Uehara, amais de rescatar un tema sempre recorrente: Son os plásticos seguros?

Este venres día 25 ás 18:00 na páxina web do Campus Culturae será a emisión. Logo estará dispoñible para descarga.



No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...