7.21.2014

"Son violentos, utilizan linternas, y hablan gallego"

157
Semella que hai xornais que buscan visitas. Así titula La Región unha nova sobre un grupo de ladróns —catro— que ao parecer roubaron a dous octoxenarios un total de 1.700 euros.

Un, que está acostumado ás notas de prensa da policía, sabe que seguramente aparecía a información citada na mesma. De igual xeito que cando falan "dun hombre de nacionalidade rumana acoitelou á unha moza colombiana no portal da súa casa en Vigo"; só que, se ben podería ser raro que andiveran polo medio do rural ourensá dous ladróns que falaran en inglés (ou esperanto, aos efectos), xa me dirán vostedes que terá de importancia (relevancia) no caso que estes supostos delincuentes falen ou non galego. Sobre todo porque agora que saben que a xente sabe que saben falar galego, o mesmo, no seu próximo ataque, dálles por falar en castelán, coma quen pon unha perruca rubia na cabeza e unhas gafas de sol para pasar inadvertido.

Hai dous séculos, os defensores da frenoloxía afirmaban ser capaces de distinguir aos criminais pola forma do seu cráneo; agora a cabeza xa da igual, o importante é o idioma no que falen. Como avanzamos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...