7.04.2014

O teito de cristal

140
Causas inoperativas, que sancionan sen preguntar a inocentes non xulgados por algún tribunal, que paga tributo ao que non lle van morder a man, mentres lles proporcionan líquidos os entes de existencia metadónica, que forman parásitos, aprendidos das costumes forxadas alén o océano, para logo mudar a pel e dicir que cambiaron os inquilinos da casa, cando o único que fixeron é cambiar o tinte negro das fiestras para volvelo azul, nunha especie de pantomima que intenta mimetizar a merda coa cor do ceo, confundindo así á esquerda, destra e sinistra, que durme no medio de almofadas, coma se fóra a caeres da cama por se achegar demasiado ao rebordo. E tecen unha rede de chumbo que nin anda, nin deixa andar, e desbota a todos aqueles que non entren nos seus polígonos estáticos, e eles (nós, eu)  teñen logo que falar de ostracismo, desesperados como o neno pequeno que intenta meter un cubo no oco do triángulo, fartos de seren rexeitados pola forma, polo arquetipo, e pola elite cuxas pegadas de zapato caro estan (estamos, estou) sentenzados a ver para sempre dende a parte de embaixo dun teito de cristal, que xa tarda en escachar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...