7.09.2014

Out of order (XII)

145
Sento no taxi, de sentar, non de sen pesetas. O condutor fala polo teléfono móbil. Colga, di que ten que deixar de falar, que entrou unha clienta. Ríome. Dígolle que non son unha clienta. Supoño que nin mirou quen entrou, pero agora pregúntome porque dixo que era eu unha clienta. Digo, será o pelo? Non sei. Os taxis, dos que me gusta usar, pero non abusar (polos cartos, claro, senón iría a todos os lados coma a Elefanta Elena, ou a Alcaide de Madrid, "La Botella") sempre me proporcionaron historias divertidas. Anos atrás, cando contaba eu con 21 veráns, cunha febre en aumento, en inverno, e tapado ata o queixo, metinme nun taxi para ires ao hospital pola mañá, a urxencias, pois non tiña tarxeta de desprazado. Sorpresa ou non para min, que pensaba que levaba unha cara horrible de enfermidade, o taxista preguntoume que canto tempo levaba no hospital, e en que departamento estaba... Eu, entre a calor e o paracetamol que levaba en sangue non sabía se estaba de carallada ou en serio, mais, eu non lle dixen que non, e levoume ata a porta do Clínico Universitario, pensando que era un Médico Interno Residente. Pensei, pero cantos anos pensa este home que teño!? E logo, pensei, "bueno, quizais non teña tan boa cara, menos mal (?)".

Xusto antes de saír do coche, estiven a piques de lle dicir a verdade, de que era un simple estudante de xornalismo, cun catarro estúpido. Pero, logo de pasar a viaxe mentíndolle, non me pareceu apropiado dicirlle a verdade, máis que nada por se algún outro día me recolle, e coa coña, acabo no medio da AP-9.

No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...