7.06.2014

"Se ó presidente lle ghustasen os homes"

142
Seis da tarde, banco calquera dunha alameda baleira. 

— Pois non sei porque te pos así, a verdade.
— Póñome como quero, e obviamente, moléstame, e moito.
— Non ten nada que ver co que estamos a falar.
— Dende o teu punto de vista quizais non, pero dende o meu, si.
— Pero si é como, non sei... o Día da Muller traballadora. Que se conseguiran certos dereitos non quere dicir que estea todo feito, e xa podamos adicarnos a vivir con normalidade. A normalidade hai que forzala.
— Eu non estou en contra, e pode que teñas parte de razón, pero non é máis ca unha romaría. Unha festa de xente medio en pelotas, que bebe, baila e se droga. É Ibisa un sábado.
— E lo' estiveches algunha vez en Ibisa?
— Home non, pero, bueno, xa me entendes.
— Non, non che entendo. Claro que é importante a labor de creación do discurso non heteronormativo, a defensa da teoría queer, o cuestionamento diario das normas de xénero, pero non vexo como a celebración dun día pode entrar en contradición con iso. Dálle outra realidade. Supoño. Pero non é malo.
— Ti, pensa o que queiras, eu nunca fun. Será que tampouco vou faser pesas todos os días. Non quedaría eu moi alá, alí, no medio de tanto musculitos.
— Pois ó mellor ese é o teu problema...
— Non. O meu problema é que hai nada estiveron a punto de queimar vivos a dous rapaces en Uganda porque os atopou un colega en actitude cariñosa. Ese é o meu problema! E aquí ninguén di nada, e non pasa nada.
— E lo' que queres que faghan? Que dean un comunicado express ou?
— Non estaría mal.
— Bah...
— Se ó presidente lle ghustasen os homes, xa verías como cambiaba o conto. Que íamos alí a meterlle o queroseno polo cú.
— Xa, e se fóra unha muller estaríamos en ghuerra con medio mundo.
— Tempo ó tempo, papá.



No hay comentarios:

Publicar un comentario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...